Non terás tempo para nada estes días…se é que non estás celebrando o Día da Letras Galegas en Portugal, Brasil, Angola…mesmo en Macao ou,… gozando da visita teatralizada Meigas fora!, en Santiago; coñecendo á ‘Mulleres da Coruña’; dando un paseo polo Casco Vello de Ourense; da man das historias dos romanos na milenaria cidade de Lugo…ou quedaches na casa e estás apuntado a un atractivo free tour por Vigo.
Se elixiches está última, podes coller o coche, a moto, mesmo a bici e aproveitar que, ata o domingo en Redondela, segue o Festival de Títeres, que ten programadas 70 actuacións en 13 escenarios da vila
Tamén tes aquí o Día Internacional dos Museos, e o Marco, e o Liste súmase a esta celebración cunha variada programación.
Ademáis, no Centro Comercial Camelias (Praza de América,1), está a Feira Retrofest os días 16 e 18 adicada ás Letras Galegas, cunha atractiva selección de productos literarios e culturais.
Por si non estás para nada disto…veamos, temos dúas recomendacións se o que queres é algo máis de ‘recollemento’ e tranquilidade. A primeira delas é unha serie: ‘Sucession’, en HBO, unha narración dramática sobre o poder, o diñeiro, a política dende os ollos dunha familia disfuncional.
A segunda é un libro imprescindible, que apenas leva unha semana nas librerías, ‘Pel de cordeiro’, de Ledicia Costas (Xerais). Hai unha semana quedamos en léela e así o fixemos…un consello: no a perdas. Do mellor de Ledicia Costas, con fantasía, maxia, bruxas, historia, Galicia, emoción, confusión, adictiva…non queres que remate. Ímolo poñer así, para que o entendan os da Academia Sueca: “en fantastisk roman som man inte vill ta slut”.
Viernes, 17
Na Praza de Abastos do Calvario (Urzáiz, 183), de 11:00 a 20:00h. nova edición do Mercado da ARTE. Durantetodo o día os postos de peixe e carne estarán tomados pola pintura, ilustración, cerámica, textil, xoieria, serigrafía. Entrada de balde.
Ollo: tes todo un mundo de actividades para os cativos no Vigo Nature , o antigo VigoZoo: o idioma das aves; obradoiro ambiental; o ciclo da auga; coñevendo o noso sol; a pegada do tempo; o mundo dos réptiles. Aquí tes máis información.
Teatro Afundación García Barbón (Policarpo Sanz, 13) ás 20:30h. ‘Señorita Xulia’. Trama: a señorita Xulia aparece morta na cociña da casa do seu pai, o Conde. Todo apunta a que se suicidou cunha navalla de afeitar que pertencía a Xoán, criado predilecto da casa. Durante o interrogatorio, Xoán convértese en sospeitoso de asasinato…
Pasamos á Sala Máster (Urzáiz, 1) na que Ankhara, ás 21:00h. tocarán o seu primeiro disco ” Dueño del Tiempo ” e presentarán o seu novo traballo ” De Aquí a la Eternidad “. Chegan acompañados de AQUELARRE e QUARZUM. Entradas anticipadas 15€ AQUÍ.
Imos á ‘La Fábrica de Chocolate‘ (Rogelio Abalde, 22), onde dende as 21:30h. non podes deixar de ver e escoitar a Ari Y Los Magrittes. Mateo Gil ao piano, Rober Carcos ao baixo, Iria Calvo á batería e Alberto Cabadas na guitarra, acompañan a AriMagritte nunha noite de pop e diversión.
Vernes, 17 de maio – VIGO – Sala La Fábrica de Chocolate
Apertura de portas: 21:30 h.
Entrada anticipada: 10€
Saltamos, xa á 01:30h. á Sala Mondo Club (Joaquín Loriga, 3) que segue a celebrar o seu 16º aniversario e que presenta ao francés Big Dope P, un dos nomes salientabeis da Bass Music e o Footwork, y fundador do sello Moveltraxx, que estará cos artistas locais Bflecha y Mwëslee (Arkestra). Entradas anticipadas en DICE .
Sábado, 18
Moito ollo, porque na Sala Rebullón (Avda. Rebullón, 23), haberá música, espectáculos e actividades para escolares: regresa o Miúdo Fest máis solidario. Así, Os Jalochos actuarán ás 17:00 horas; ás 18:30 horas, dúas caras ben coñecidas para a cativada: Peter Punk e Brais das Hortas ofrecerán o seu concerto PunkInfantil. E ás 20:00 horas, O Sonoro Maxín porá o punto e final á xornada do 17 de maio nas Pedriñas.
Entrada de balde e apoio a Bicos de Papel: como vén sendo habitual, a Comunidade de Montes de Tameiga organiza o Miúdo Fest con acceso gratuíto, mais este ano inclúe novidades ao respecto. O público interesado en asistir pode descargar de balde o seu convite online, onde ademais ten a opción de mercar un billete solidario en favor de Bicos de Papel.
Movémonos ata o Auditorio Mar de Vigo que dende as 21:00h.será testemuña dun dos evento musicais sen precedentes coa destacada presenza de Malú, quen conmemora os seus 25 anos de carreira como unha eterna aprendiz da música. Nun recital único, a artista madrileña levará á súa audiencia por unha viaxe nostálxica a través dos éxitos que marcaron a súa sólida traxectoria desde que debutase en 1998 co seu álbum “Aprendiz”. As últimas entradas están á venda a través de www.teuticket.com.
Non moi lonxe, na Fábrica de Chocolate (Rogelio Abalde, 22) ás 21:30h. prepárate para o poder explosivo de Madmen, un power trío de rock-garaxe divertido e explosivo co que iremos desde os 60’s ata os 00’s co seu rirmo contaxioso.
Sábado, 18 de maio – VIGO – Sala La Fábrica de Chocolate
Apertura de portas: 21:30 h.
Entrada anticipada: 8€
De volta na Sala Mondo á 01:30h. Objekt & TTO @ FLUX. Objekt (nome artístico de TJ Hertz), é un coñecido produtor e DJ afincado en Berlín, logo dunha movida traxectoria vital: nado en Tokio de pais británico-americano e filipina, e criado en Bélxica e Reino Unido, como músico, obtivo recoñecemento temperá a nivel internacional grazas a traballos autoeditados,chegando a remexer a artistas como Radiohead e editando en selos da influenza de Hessle Audio.
Domingo, 19
No Teatro Salesianos (Venezuela, 3), ás 12:30h e 17:00h, Abismo Caracol presenta «Pulgarcita», a súa nova produción teatral infantil en galego (dirixida por Darío Autrán e protagonizada por Uxía Suevos e Nano Rivas), que estará en Vigo para festexar o Día das Letras Galegas. Entradas: Ataquilla.com.