Galicia

Dende o luns, amplíase o servizo de bus de Vigo ao Aeroporto de Santiago

Con máis enlaces desde os dous puntos

Dende o luns, amplíase o servizo de bus de Vigo ao Aeroporto de Santiago

Desde este luns, 20 de maio, amplíase o servizo de autobús entre Vigo e o aeroporto Rosalía de Castro, de Santiago, activados a causa do peche temporal da terminal de Peinador. Co obxectivo de atender a demanda das persoas viaxeiras afectadas, adaptarase o itinerario dalgunhas liñas da conexión Vigo-Santiago, coa incorporación dunha parada no aeroporto compostelán e coa creación dunha nova liña ata a Estación Intermodal de Vigo para as fins de semana.

Máis autobuses

Así, para desprazarse dende Vigo ata Lavacolla de luns a sábado habilitaranse servizos adicionais que amplían as opcións dispoñibles, con saída ás 19,00 horas da Estación Intermodal de Vigo. Os domingos e festivos, disporase doutro servizo con saída ás 19,30 horas.

Para desprazarse de Lavacolla a Vigo, de luns a venres haberá unha expedición adicional con saída estimada do aeroporto ás 22,05 horas e chegada prevista a Vigo ás 23,40 horas.

Sábados e domingos, nova liña

Por outra banda, para os sábados e os domingos creouse unha nova liña, Aeroporto Rosalía de Castro – Santiago E.I. -Pontevedra E.A. – Vigo E.I., con saída do aeródromo ás 22,00 horas e chegada prevista a Vigo ás 23,20 horas.

Servizos xa existentes agora

  • Saídas dende Vigo: ás 04:30 e 07:30h. – de luns a venres –  e 10:45h – todos os días –.
  • Saídas desde o aeroporto cara a Vigo ás 08:55, 12,55h. – todos os días – e 18:45h. – agás os xoves.

A información relativa aos servizos estará dispoñible para a súa consulta na páxina web www.bus.gal.

También te puede interesar