A campaña dos trens turísticos de Galicia, posta en marcha entre a Xunta de Galicia, Renfe e o Inorde, que permite coñecer a nosa Comunidade e moitos dos seus recursos máis destacados a bordo do tren, reanudarase no mes de xuño con máis dunha decena de percorridos. Os billetes están xa á venda.
Dez rutas
Así, tras a experiencia do Tren da Ruta da Camelia que se celebrou o pasado mes de marzo con todos os billetes vendidos, a campaña segue o seu curso o vindeiro mes nas dez rutas restantes. inclúen itinerarios como a Ruta dos Faros, que permitirá coñecer a Serra da Capelada, visitando Cabo Ortegal; Vixía Herbeira e os seus cantís; o santuario de Santo André de Teixido; Viveiro, Estaca de Bares ou Loiba, entre outras.
Museo MEGA, ruta da Lamprea
Para comezar, o itinerario do Museo MEGA e a Coruña de 1906 achegará á cidade dun xeito diferente, con visita ao museo e o coñecemento de Abegondo ou Cecebre, entre outras. A Ruta da Lamprea, percorrerá Salvaterra de Miño, onde se visitará o Museo da Ciencia do Viño situado no Castelo; un paseo por Tui; as pesqueiras de Arbo e a Cooperativa Condado- Paradanta As Neves, entre outras.
Ruta dos mosteiros
Ademais, a campaña dos trens turísticos inclúe tamén a Ruta dos Mosteiros, que permitirá coñecer o Pazo de Oca, o mosteiro de Carboeiro, ou o mosteiro cisterciense de Oseira. Tamén a Ruta dos Queixos de Galicia, percorrerá tres das catro denominacións de orixe dos queixos.
Seguirá a Ruta das Mariñas que permitirá viaxar da Coruña a Ferrol polas Mariñas e Terras do Mandeo, con parada en Betanzos, Paderne ou Pontedeume. Así mesmo, se incluirán itinerarios a dúas denominacións de orixe: a do Ribeiro e a de Monterrei.
Viaxes dun día con guías
Por último, como cada ano, cada unha das rutas poderase realizar nun día e, ademais da viaxe en tren, o programa ofrece un servizo de guías oficiais de Galicia durante o percorrido. Engádense is traslados complementarios en autocar e entradas aos puntos de interese.
Tes toda a información para a reserva e compra de billetes dispoñible na páxina web de Turismo de Galicia. E se o prefires, se poden mercar os billetes nas taquillas de calquera estación de Renfe.