Comarcas

Cans abre o telón este martes

Co documental ‘Acordamos’ de Uxía Senlle

Cans abre o telón este martes

A XXI edición do Festival de Cans arranca este martes nesta aldea do Porriño que converteuse ao longo das dúas últimas décadas no punto de encontro anual do cine galego. Nesta oportunidade o programa do evento volve a estar cheo de propostas cinematográficas ás que se suman as actuacións musicais, os coloquios, os encontros con realizadores e actores e, como é imprescindible en Cans, coa presenza e participación dos veciños da aldea en todas as actividades previstas.

Como informamos, o festival xa tivo unha previa a pasada fin de semana coa exhibición de longametraxes da produtora francesa Sociéte Acéphale, a apertura das mostras “Cans Cartaces” e “Reservoir Cans” e a actuación de Cora Sayers.

Personalidades

Nesta nova edición Cans volvera a contar coa visita de destacadas personalidades do mundo do cine de Galicia e de fora, entre os que estarán o director David Trueba (será o protagonista dun coloquio o sábado 25), varios representantes da produtora francesa Sociéte Acéphale, o músico vasco Kepa Junquera –que recibirá unha emotiva homenaxe en Cans o mércores 22– ou a actriz galega María Vázquez, que recollerá o Premio Pedigree de Honor de Cans o venres 23 e deixará as súas pegadas no Torreiro ese mesmo día.

Primeiro día

A primeira xornada do festival comezará ás 10,30 da maña cun acto no Centro de Día de Torneiros, onde o director do Festival Alfonso Pato, fará a apertura da exposición arredor do emblema do can de Cans e o cinema, feita por maiores de Centros de día de toda Galicia. A esa mesma hora comezarán a chegar a Cans ao longo da mañá perto de 200 estudiantes que asistirán a proxecións didácticas nos jalpóns e coñecerán os espazos da aldea.

Ás 11,30h…terá lugar á beira da Igrexa de Cans a descuberta da placa da da Rúa Efémera, que estará aberta durante todo o evento e este ano leva o nome da produtora e técnica de son e á que fora Presidenta de AGAPI (Asociación Galega de Produtoras audiovisuais), Dolores Ben.

Documental ‘Acordamos’ e Antía Muiño

A continuación haberá un coloquio no Baixo de Carlos, arredor dos novos modelos de produción, coa presenza de Uxía Caride, xerente de AGAPI, que substituirá a Pablo Romero, que causou baixa de última hora. Pola tarde chegará  ás 19,30 horas no Centro Cultural do Porriño a proxección do documental “Acordamos”, dirixido por Uxía Senlle e Lucas Terceiro, que lembra os proxectos pioneiros que funcionaron en Galicia durante a Segunda República, a través de relatos de escritores e historiadores e de cancións interpretadas por artistas que van de Malvela a Woyza, pasando por Luis Pastor ou Celina da Piedade. Trala proxección, a cantante Antía Muiño, que tamén é unha das protagonistas do documental, poñerá o remate á xornada interpretando algúns dos temas vinculados ao documental.

Seccións

As seccións competitivas do festival reúnen este ano un total de 51 pezas entre curtas de Ficción/Animación (14), Non ficción (10),Novas Camadas (10) e Videoclips (17). Haberá máis de 30 estreas (en Galicia ou estatais), cunha elevada calidade nas propostas a concurso. En total, proxectáranse máis de 100 obras audiosivisuais nesta edición do festival. 

Ademais dos filmes das seccións oficiais, en Cans tamén se poderá ver este ano unha retrospectiva das curtas da prestixiosa produtora francesa Sociéte Acéphale e haberá proxeccións de longametraxes, como a preestrea de “Alumbramiento”, que abrirá oficialmente o festival o xoves 23, cun coloquio posterior co director Pau Teixidor e as actrices María Vázquez e Sofía Milán.

The Rapants, Kepa Junquera e Susana Seivane

A música volverá a ser outro dos puntos fortes do festival, con formatos e estilos moi diversos. No escenario Estrella Galicia da Leira do Río pasarán bandas como The Rapants, Combo Paradiso o Nat Simons pero tamén haberá espazo para propostas de formato máis pequeno, como as actuacións de Susana Seivane e Su Garrido Pombo no Invernadoiro e as de Lontreira e Escuchando Elefantes no Torreiro de Cans.

Un dos momentos máis emotivos deste ano chegará o mércores coa homenaxe musical que Cans lle renderá ao músico vasco Kepa Junquera, que volve a visitar a aldea dez anos despois da súa histórica actuación no Jaliñeiro que agora recibirá o seu nome.

Entradas

As entradas disponibles para asistir ás proxeccións e aos concertos do Invernadoiro (o resto de actividades do festival son de balde) están a piques de esgotarse.

Quedan menos de 50 entradas para as proxeccións da sección Furacáns e unhas poucas para a actuación de Su Garrido Pombo no Invernadoiro o sábado 25. Aquí poden atoparse as entradas aínda á venda: https://tenda.festivaldecans.com.

También te puede interesar