O AVE directo desde Vigo a Porto e Lisboa, en 2032

O ministro portugués de Infraestruturas garante a “prioridade” desta conexión

O AVE directo desde Vigo a Porto e Lisboa, en 2032

Poderemos ir en AVE de Vigo a Porto e Lisboa no ano 2032. Isa é, cando menos, a previsión do Goberno de Portugal. Nun encontro co presidente da Xunta, o ministro luso de Infraestruturas ratificou a “prioridade” da conexión de alta velocidade con Galicia.

E esta ben que Miguel Pinto teña feito esta declaración posto que, meses atrás, a intención do seu partido era centrarse na conexión Lisboa -Madrid, tal e como o anunciara o actual primeiro ministro e direxentes destacados do Partido Popular español.

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, reúnese co ministro portugués das Infraestruturas e Habitação, Miguel Pinto Luz, na sede do ministerio en Lisboa, 23/5/24.

“Estou moi tranquilo e moi satisfeito porque o goberno de Portugal confirmounos que mantén esta intención”, destacou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, ao remate da entrevista. Así o xefe do Goberno galego amosou a ledicia por manter este encontro, que para “é unha demostración do gran momento de diálogo que mantén Galicia e Portugal“. Un diálogo que, subliñan dende a Xunta, te unha
importancia moi grande, por todo o que une aos dous pobos.

O presidente Rueda lembrou todos os beneficios que ten para os dous territorios a conexión de Galicia coa rexión norte de Portugal, precisamente despois de conseguir esta mesma semana o tren de alta
velocidade que conecta as principais cidades galegas desde Madrid
, salientou.

Segunda ratificación

Esta declaración de Portugal é a segunda ‘ratificación’ da prioridade da conexión por AVE con Galicia. O pasado día 15, o Goberno luso aprobara o Plan de Alta Velocidade, que, estimaba un tempo de viaxe de 50 minutos entre Vigo y Porto, un enlace que o Ministerio de Infraestruturas fixaba en ese mesmo ano 2032 ao tempo que tamén salientaba a necesidade de que o tren chega de Lisboa a Madrid en 3 horas no ano 2034.


También te puede interesar