Ecoloxistas en Acción ven de interpoñer unha denuncia ante a Fiscalía de Vigo solicitando que se abran dilixencias penais contra a SAD Celta por delito contra o ambiente e contra a saúde pública, polo “vertido contaminante procedente das instalacións deportivas do Celta en Mos”. Os ecoloxistas subliñan en que “está vertendo residuos sobre os mananciais das traídas veciñais das parroquias mosenses de Tameiga, Petelos e Sanguiñeda”.
Os resultados da analítica do vertido encargada por Ecoloxistas en Acción reflicten un “altísima concentración de fecais” e, tamén, a “presenza de varios compostos químicos asociados aos pesticidas e fertilizantes habitualmente utilizados no coidado e mantemento dos campos de fútbol“.
“Confirmación” por parte da alcaldesa de Mos
Para a organización ecoloxista, “as declaracións do alcaldesa de Mos veñen a confirmar a súa denuncia“. Entenden que o Concello de Mos recoñece xa que a tubería procede das instalacións do Celta e que ademais é un emisario do aliviadero dunha cuba de recollida de augas residuais dos regos. Cando a cuba se enche, esta rebosa e se alivia a través de tubería que verte no monte. “Isto demostra que o vertido non é inocuo, xa que conten augas resduais contaminantes. Ademais a Confederación Hidrográfica Miño Sil confirmou que o vertido carece de autorización e que iniciou un expediente para investigar o vertido”.
Un “delito contra o medio ambiente e contra a saúde pública”
“O vertido contaminante procedente da Afouteza é claramente un delito contra o ambiente, pero tamén un delito contra a saúde pública. A poucos metros, ladeira abaixo, do vertido atópanse varios mananciais das traídas de auga que corren un grave risco de contaminarse, se non o están xa. A infltración nos manancias de productos contaminantes pode afectar ás persoas e terse que clausurar as captacións de auga deixando a miles de fogares sen auga de boca“ denuncia Xaquín Pastoriza, coordinador de Ecoloxistas en Acción Vigo. Ademais, sinala que no caso de Mos, o Concello carece dun servizo municipal de subministración de auga ás casas co que suplir a clausura das captacións veciñais e particulares.
A analítica do Concello “non é válida”
Ecoloxistas en Acción nega a validez da analítica encargada polo Concello de Mos porque este análese efectuose dias despois de que a prensa recollera o seu comunicado denunciando o vertido e cando o caudal do vertido, segundo varias inspeccións de membros da organización ecoloxista, non é máis que un hilillo de auga, en vez do gran caudal que manaba anteriormente.