Galicia

Ecoloxistas en Acción nomea a Abel Caballero ao premio ‘Cabalo de Atila’ pola “talla de árbores”

Tamén ‘premia a Altri, Xunta de Galicia e o presidente da Cámara Mineira Galega

Este es el Plan Municipal de Poda de Vigo: 5 páginas sin criterios técnicos, estudios o calendarios

O 5 de xuño é o Día Mundial do Medio Ambiente, unha data establecida pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas en 1972 para aumentar a conciencia ambiental e fomentar a acción global na protección do medio ambiente. Para iso, Ecoloxistas en Acción premia aos que son como Atila: por onde pasan, non crece nin a herba. “Con estes premios sinálase a institucións e aos seus responsables como causantes de agudizar a crise social e ambiental”.

Altri-Greenfiber

O primeiro premio, Premio Atila 2023, é para Altri-Greenfiber, empresa promotora da macro factoría de celulosa, e o Goberno da Xunta de Galicia por “impulsar este proxecto insostible dunha macrocelulosa na comarca da Ulloa, no corazón de Galicia”. Os ecoloxistas denuncian que o proxecto Gama carrexará unha gran contaminación para o río Ulla ao que verterá as augas residuais da fábrica. Ademais, unha fábrica de celulosa destas dimensións terá un grave impacto socioeconómico para un territorio cunha puxante industria agroalimentaria tradicional e un crecente turismo rural polo atractivo do seu patrimonio cultural (Camiño de Santiago). 

“A pesar da oposición ao proxecto da maioría da poboación, Altri se obstina en instalar a súa macrocelulosa en Palas de Rei. Amparada pola Xunta de Galicia, que declarou o proxecto de Interese Estratéxico e esixindo ao Estado español que o financie con 250 millóns de diñeiro público“.

Presidente da Cámara Mineira de Galicia

O segundo premio, Premio Cabalo de Atila, levouno o Presidente da Cámara mineira oficial de Galicia, “polo seu continuo empeño en agochar as negatividades ambientais que a minaría causa e o seu acoso ás activistas ecoloxistas que defenden o territorio galego.

Segundo os ecoloxistas, o caso máis sonado foi a denuncia xudicial que a Cámara mineira presentou contra activistas de Ecoloxistas en Acción por entregar nas súas dependencias unhas botellas con vertido da mina de San Finx e de Touro. Unha acción que pretendía poñer de relevo, unha vez máis, as “falsedades da Cámara mineira, que escasos días atrás aseguraba públicamente que o vertido da mina de San Finx era inocuo cando as análises realizadas por Augas de Galicia reflictían unha concentración de Cadmio 100 veces superior ao máximo legal permitido“.     

Abel Caballero                 

Accésit especial ao alcalde de Vigo“Decir Abel Caballero é decir arboricidio”, aseguran desde Ecoloxistas en Acción. Desde 2011 foron talladas un total de 13.543 arbores en Vigo, das cales 1.005 árbores eran espécimenes históricos e de gran porte. Son incontables as rúas que se viron despoxadas de cobertura arbórea, perdendo Vigo boa parte do seu perfil urbano”

Os ecoloxistas advirten de que “está atacando a un patrimonio natural que é tamén patrimonio histórico”. Así mesmo, denuncian que non hai unha xestión integral do arboredo urbano de Vigo, non hai planificación e así imos sufrindo tallas arbitrarias e indiscriminadas e podas salvaxes e a destempo“.

Esta política de tallas, aseguran, e a constante e reducción de espazos verdes do Concello hipoteca un futuro verde e sostible na cidade, impedindo que Vigo mitigue o efecto “Illa de calor”, ante a erradicación masiva de sombra arbórea.

“Por este motivos e querer incorporar a motoserra ao escudo de Vigo, nomeamos a Abel Caballero, alcalde de Vigo, ao premio Cabalo de Atila na categoría de actuación máis bárbara”. 

También te puede interesar