Comarcas

O Festival de Cans bateu o seu récord de contratación con 155 altas laborais

E xerou unha ocupación hoteleira do 100%

O Festival de Cans bateu o seu récord de contratación con 155 altas laborais

A XXI edición do Festival de Cans, que rematou a pasada fin de semana, bateu o seu récord de creación de emprego, ao chegar ás 155 altas laborais. Esta cifra supera en máis dun 2,5% as contratación da pasada edición na que o Festival xa dera un gran salto na contratación ao pasar de 134 a 151 altas laborais.

75 empregos directos

Das 155 contratacións rexistradas nesta edición, 75 delas foron de empregos directos relacionados coas áreas de produción, merchandising, transporte de convidados e traballo en barras; 20 foron de servizos especializados de autónomos en áreas como deseño gráfico, fotografía, vídeo, comunicación, redes sociais ou programación de contidos. Por último, 60 das contratacións estiveron relacionadas con empresas que prestaron servizos durante os cinco días deste certame polo que pasaron máis de 12.000 persoas. Estas empresas prestaron servizos en áreas como recollida de lixo propia e limpeza, seguridade privada, montaxe e desmontaxe de carpas, así como equipos de loxística de son, iluminación e proxecións nos diferentes jalpóns.

A maioria das persoas contratadas pertencen ao municipio de O Porriño, das cales 15 persoas son da propia aldea de Cans, entre elas numerosas mozas e mozos aos que o festival lles deu a oportunidade de asinar o seu primeiro contrato laboral. Outra parte das contratacións procede de concellos limítrofes como Mos, Salceda de Caselas, Redondela ou Ponteareas.

Ocupación do 100% nos establecementos da comarca

A celebración do festival tamén xerou unha ocupación hoteleira do 100% en toda a comarca. Malia a chuvia anunciada para o sábado, día grande do festival, moitos hoteis xa tiñan o cartel de completo desde semanas antes e o público non fallou. O certame bateu tamén este ano o récord de pernoctas contratadas para organización e convidados, chegando a sumar 207 habitacións nos cinco días de festival. A alta demanda obrigou a completar prazas hoteleiras en establecementos de zonas limítrofes como Tui ou Vigo.

Récord, tamén, nos servizos de comidas 

Outra marca que bateu este ano o festival foi o de servizos de comida contratados para traballadores, voluntarios e artistas e convidados que pasaron polo evento. Nesta edición, contratáronse  920 servizos de comida en ata dez lugares de restauración diferentes, todos eles entre o centro de O Porriño e a aldea de Cans.

Ademáis do gasto efectuado en locais de restauración, nesta edición continuou aumentando a cifra de proveedores locais, contratando servizos cunhas sesenta empresas da comarca, seguindo a filosofía de “Kilómetro 0” do certame. Estas empresas prestaron servizos de imprenta, papelería, asesoría, distribucións, servizos de taxi ou ferretería.

A organización do Festival de Cans quere agradecer publicamente o traballo das diversas Concellarías do Concello de O Porriño e o esforzo  das traballadoras e traballadores municipais, así como da Policía Local, Garda Civil (Tráfico e Seguridade Cidadana) e Protección Civil.

También te puede interesar