Galicia

En marcha a reforma de Unidade de Diagnóstico de Aparello Dixestivo, do Cunqueiro

Contará cunha sala principal, outra de control, un local de persoal e unha esclusa de comunicación

En marcha a reforma de Unidade de Diagnóstico de Aparello Dixestivo, do Cunqueiro

O Servizo Galego de Saúde vén de publicar no Portal de Contratos Públicos de Galicia o anuncio de licitación da obra de reforma da Unidade de diagnósticos de Aparello dixestivo do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Segundo establece o contrato licitado, a Xunta destinará unha partida 382.806€ a unha actuación coa que optimizará a calidade asistencial aos pacientes do centro hospitalario.

A reforma incidirá nos dous gabinetes de exploración existentes na planta -1, dando lugar a unha nova área de diagnóstico, que contará cunha superficie de 81 metros cadrados.

Así, as melloras previstas nas salas de probas funcionais e de gastroscopias do servizo de aparello dixestivo do Cunqueiro responderán á necesidade deste centro de contar cunha sala de procesamentos dixestivos avanzada. Nesta liña, o proxecto de reforma prevé unha sala principal de procesamentos dixestivos, unha sala de control, un local destinado ao persoal e unha esclusa mixta de comunicación.

También te puede interesar