Destacados Vigo al minuto

Rueda e Caballero cara a cara o día 25

Será o primeiro encontro entre o alcalde de Vigo e o presidente da Xunta , en 9 anos

Rueda e Caballero cara a cara o día 25

O presidente da Xunta e o alcalde de Vigo manterán unha xuntanza o vindeiro martes 25 de xuño. Será a primeira vez en 9 anos que o Abel Caballero manteña unha reunión cun xefe do Goberno galego- a derradeira fora en 2015 con Feijóo-.

“Escoitarei ao alcalde, e o alcalde escoitarame a min tamén”

Alfonso Rueda agarda que sexa un encontro construtivo no que “desde logo, eu escoitarei ao alcalde, e o alcalde escoitarame a min tamén” porque, comentou na rolda de prensa posterior ao Consello de hoxe, “hai moitas cousas que a Xunta quere facer en Vigo e até agora non foi posible”. Así, o presidente subliñou que a súa intención es falar co alcalde de Vigo sen intención de crispar, buscando o acordo e sen crear ningún tipo de ambiente antes.

O alcalde exporá as demandas de Vigo dos últimos 15 anos

Pola súa banda, Abel Caballero remitiu hoxe unha carta a Alfonso Rueda na que indica que agarda que o encontro “sexa frutífero para que Vigo reciba o trato que corresponde á primeira cidade de Galicia”

Posteriormente, na habitual nota de audio enviada aos medios- sen posibilidade de preguntas- o alcalde apuntou entre os “moitos” temas a tratar, a retirada da candidatura de Illas Cíes Patrimonio da Humanidade presentada pola administración galega para bloquear; a posta en marcha da Área Metropolitana; as escolas infantis e centros de día “que a Xunta obriga a pagar ao Concello de Vigo; o feito de que o Goberno de Galicia escatime os fondos europeos a Vigo; a oposición” de Xunta á Biblioteca do Estado; novos aparcadoiros gratuitos no Cunqueiro, ou que se ceda chan ao Concello para que os faga; a humanización dos viais autonómicos na cidade; a cooperación na reforma de Balaídos ou o túnel de Beiramar.

Declaracións do alcalde sobre a reunión con Rueda

Caballero subiña que na reunión vai plantexar as demandas de Vigo dos últimos 15 anos e o “maltrato permanente” da Xunta que nese tempo so fixo a Cidade da Xustiza.

E ademais:

También te puede interesar