Comarcas

Continúa o programa “+Convivencia” coa participación de 400 persoas de oito concellos

Vigo, Dozón, Pontevedra, Silleda, Cerdedo-Cotobade, Baiona, Ponteareas e A Guarda

Continúa o programa “+Convivencia” con saídas de 400 persoas de oito concellos

394 persoas de oito entidades diferentes da provincia poderán desfrutar esta semana de saídas ao abeiro do programa “+Convivencia” da Deputación de Pontevedra, que ofrece ás entidades a oportunidade de compartir experiencias e crear espazos de participación.

Trátase de asociacións de oito concellos (Vigo, Dozón, Pontevedra, Silleda, Cerdedo-Cotobade, Baiona, Ponteareas e A Guarda) que descubrirán lugares como as comarcas do Morrazo e do Salnés, a ría de Vigo ou Vilaboa.

La vicepresidenta de la Diputación despidió hoy en Vigo a los participantes en la salida de este miércoles

Mércores, 12

En concreto, as saídas desta semana arrancarán este mércores, 12 de xuño: 55 persoas da Asociación
Veciñal Praza da Miñoca de Vigo
poderán desfrutar da actividade “Coñecer O Morrazo” mentres que outras 55 da Asociación Avelaíña de Axuda ás Persoas con Problemas de Saúde Mental (con usuarios de Baiona, A Guarda e Ponteareas) visitarán as Illas Cíes.

Sábado, 15

O sábado 15 de xuño haberá tres saídas diferentes. Por unha banda, 50 persoas da Asociación Son das Flores de Vigo pasarán unha tarde en Vilaboa e o lago Castiñeiras, que rematará cun concerto no Chiringuito Deilán. Outras 50 persoas da Asociación de Desenvolvemento Social Ruliñas de Dozón visitarán o Centro de Interpretación da Conserva e coñecerán o pasado industrial do Salnés. Finalmente, 23 persoas da Asociación Amizade de Pontevedra realizarán unha saída náutica pola ría de Vigo.

Domingo, 16

Xa o domingo 16 de xuño será a quenda de 54 persoas da AVCD de Cabral de Vigo que visitarán o mosteiro de Armenteira, o cemiterio e a igrexa de Santa Mariña de Dozo, O Grove e realizarán un paseo en barco.

Ademais, 55 persoas da Asociación Cultural Festa dos Callos de Silleda gozarán dunha xornada de
convivencia polas Rías Baixas. Por último, 52 persoas da Asociación Veciñal e Cultural San Martiño, de Rebordelo de Cerdedo-Cotobade, pasarán un día nas Illas Cíes.

+ Convivencia

O programa provincial “+Convivencia”, dotado con 220.000 euros, permite a entidades sen fins de lucro da provincia coñecer o patrimonio natural, artístico, etnográfico e cultural da provincia de Pontevedra. O programa oferta un amplo catálogo de actividades de todo tipo: relacionadas coa arqueoloxía, arquitectura civil, a relixiosa, a popular, cos faros, co Camiño de Santiago ou cos museos.

Todas as propostas están abertas a entidades de iniciativa social, asociacións de mulleres, de maiores, veciñais e culturais ou tamén ANPAS da provincia e o prazo para solicitar as actividades, que deberán
realizarse antes do 15 de decembro, permanecerá aberto ata o 1 de decembro.

Como novidade, a Deputación destina este ano a cada entidade unha axuda de ata 1.000 € para que poidan xestionar e deseñar con total autonomía a súa actividade, favorecendo a contratación de empresas locais.

También te puede interesar