Galicia

Hosteleiros de Redondela cifran en 50.000€ as perdas polo incendio durante a Festa da Coca

En horas, mercadoría, soldos e no feito de que os clientes marcharon sen pagar

Hosteleiros de Redondela cifran en 50.000€ ás perdas polo incendio durante a Festa da Coca

Hosteleiros de Redondela mantiveron unha reunión na que cuantificaron en máis de 50.000€ as perdas polo incendio que se produciu durante a Festa da Coca. Así, tras analizar as condicións dos seguros, salvo os casos nos que houbo perdas por danos emerxentes nos que xa se fixeron as oportunas reclamacións e peritaxes, “atopámonos que as pólizas non contemplan a cobertura do lucro cesante para a tipoloxía dos feitos causantes que deron lugar a falta de subministración eléctrica”.

Axudas do Concello

Á vista deste feiro, a Asociación Local de Empresarios, logo da convocatoria da Comisión de Hostalaría, propón ao Concello manter unha xuntanza para abordar “medidas de axuda e compensación para as empresas afectadas”.

“Perda de cartos e de tempo”

Para os afectados o incendio causou unha “perda de cartos e de tempo”. Así, se o suceso se producise nun día normal, “o impacto sería menor e non o notaríamos tanto na facturación”. Neste caso “durante as festas xa é necesario facer cadros especiais para o persoal con horas extras porque hoxe resulta imposible
encontrar persoal e aínda ter que estar parados durante horas esperando o reestablecemento do servizo que non logrou chegar a tempo de salvar a noite, cando inicialmente se nos dixera que nunha hora estaría todo arranxado”.
Consideran que tivera sido mellor pechar dende o principio que estar horas esperando.

Clientes que marcharon sen pagar

Os afectados subliñan que para atender a previsible maior demanda durante os concertos das festas, “fixemos unha maior inversión e agora temos os almacén con mercadoría inmobilizada durante máis tempo, pero aos provedores hai que pagarlles aínda que non a teñamos vendida. No caso das mercadorías perecedoiras e os elaborados xa tivo que ser todo desbotado e aínda é peor”.

A todos estes feitos súmase un máis:os clientes marcharon sen pagar. Así, “o incendio converteuse nun
espectáculo e moitos dos clientes da terrara levantáronse e marcharon sen pagar, algo insólito”.

También te puede interesar