Comarcas

O Porriño abre o prazo de inscrición para o ‘Campamento de Verán 2024’

Ata o vindeiro luns, 17 de xuño

O Porriño abre o prazo de inscrición para o 'Campamento de Verán 2024'

O Concello do Porriño, a través da Concellería de Igualdade, abriu este luns, día 10 de xuño, o prazo de inscrición para o “Campamento de verán 2024”, dirixido á cativada entre 3 e 12 anos cumpridos, para axudar a conciliación da vida persoal e laboral.

Así, haberá un total de 50 prazas por semana, de xeito gratuito, para rapaces e rapazas que desexen pasar o verán facendo actividades e xogos nas instalacións municipais durante as mañás de xullo e parte de agosto. O campamento terá lugar entre o 1 de xullo e o 8 de agosto en horario de 08:30 a 14:00 horas. Ademais, os solicitantes poderán escoller as semanas que máis lles interese e, de haber máis solicitudes que prazas, se fará unha selección seguindo o baremo e a orde de inscrición, xa publicados na páxina web do Concello.

Solicitudes

A presentación das solicitudes está aberta desde o 10 de xuño ás 09:00 horas e rematará o 17 de xuño ás 08:59 horas. Poderá realizarse por sede electrónica ou presencialmente por rexistro; neste último caso, en horario de 9:00 a 14:00 horas.

Carolina González, Concelleira de Igualdade, apunta que “un ano máis apostamos pola conciliación e apoiamos as familias para que, mentres os proxenitores traballan, a cativanza disfrute facendo diversas actividades e socializando nun ambiente seguro”.

También te puede interesar