Comarcas

Verónica Tourón, ex alcaldesa de Salceda, deixa a Corporación

Por motivos profesionais, logo de 9 anos como concelleira

Verónica Tourón, ex alcaldesa de Salceda, deixa a Corporación

A ex alcaldesa de e voceira do grupo municipal socialista no Concello de Salceda, Verónica Tourón, presentou oficialmente a súa renuncia como edil da corporación municipal.

Esta renuncia, explica o PSOE nunha nota, responde a unha decisión persoal. “A miña firme convicción de que as persoas que nos dedicamos á política deben renovarse nos cargos públicos e creo que é o momento de dar paso a novas persoas nunha transición sosegada, tranquila e con total apoio aos novos compañeiros que formarán o grupo municipal nesta lexislatura”. Por outra banda, conclúe, “actualmente estou inmersa nun novo proxecto profesional que require plena dedicación”.

A executiva local, na que Verónica Tourón seguirá como secretaria xeral trasladou o agradecemento ao traballo realizado pola ex-alcaldesa durante os 9 anos que desempeñou o cargo de concelleira, tanto no seu inicio como voceira do grupo municipal na oposición, e sobre todo na última lexislatura na que Verónica Tourón foi a primeira alcaldesa socialista de Salceda.

Comezan os traballos para cambiar máis de 2.700 lámpadas a tecnoloxía LED

Tamén en Salceda, e logo da obtención da “maior subvención da historia do noso Concello”, por importe de 1.500.000€ para o cambio de 2.780 luminarias de tecnoloxía LED, esta semana veñen de comezar os traballo de execución nas nosas parroquias.

Con esta importante inversión, subliña a alcaldesa, Loli Castiñeira, “conseguiranse importantes obxectivos”, entre eles:

  • Mellora da calidade lumínica e maior seguridade viaria e peonil.
  • Aforro dun 63% no consumo enerxético.
  • Coidado do medio con menor contaminación.
  • Eliminación de puntos negros por falla de alumeado público.
  • Reparación e/ou substitución de cable danado.
  • Mellora do alumeado en espazos e instalacións públicas (Parque e Campo de fútbol da Gándara, Área Recreativa do Regueiro).
  • Novas redes de alumeado (Urbanización O Regueiro, contorna do IES Pedras Rubias).
  • Mellora no alumeado de puntos de interese como Centros Culturais ou Igrexas parroquiais.
  •  Instalación dun sistema de telexestión con redución da intensidade nas horas centrais da noite.
  •  Substitución dos 53 cadros de mando do Concello.

“As obras realizaranse segundo a tipoloxía de luminarias por tramos que se irán alternando ao longo de todo o Concello durante os catro meses e medio que dura o proxecto”. Así, as zonas nas que se actuará de xeito inmediato son:

  • 1. Budiño: Urgueira e O Barral                          
  • 2.  Soutelo: Igrexa e Sobredo                  
  • 3. A Picoña: Carballeira e A Fraga
  • 4.- San Xurxo: Bouzavedra
  • 5.- Santa María: A Feira    

      

También te puede interesar