Comarcas

Mondariz Balneario, Mondariz e Pazos de Borbén apostan pola planificación enerxética

Buscando o aforro no consumo nos tres concellos

Mondariz Balneario, Mondariz e Pazos de Borbén apostan pola planificación enerxética

Os Concellos de Mondariz Balneario, Mondariz e Pazos de Borbén obtiveron de una subvención de 7.630€ destinada a redacción de proxectos de planificación enerxética. O obxectivo desta iniciativa é promover o aforro, avanzando a unha economía máis sostíbel, prevendo un significativo alivio na carga económica que supón a factura enerxética sobre os orzamentos municipais.

O Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) outorgou unha subvención que cubre o 70% do orzamento total do proxecto. Con esta financiación, contrataranse os servizos xurídicos e técnicos necesarios para mellorar a planificación e contratación enerxética dos tres concellos. Ademais, realizarase un estudo estratéxico para a xestión enerxética nas entidades locais, incluíndo medidas para fomentar o aforro.

Este proxecto non só contribuirá á redución de custos enerxéticos, senón que tamén impulsará a transición cara a economías máis sustentábeis. A planificación enerxética eficiente e o uso responsable dos recursos enerxéticos son esenciais para mitigar o impacto ambiental e reducir a dependencia de fontes de enerxía non renovábeis.

Ao avanzar nesta dirección, os concellos de Mondariz Balneario, Mondariz e Pazos de Borbén están a tomar medidas concretas para protexer o medio ambiente e garantir un futuro máis sustentábel.

Piscina Municipal

Asi memos, Mondariz vén de opter da Deputación de Pontevedra unha achega de 42.272,96€ para o arranxo e acondicionamento das instalacións da piscina municipal. O alcalde, Calis Montes Bugarín indica que logo de varios anos de abandono, o grupo de goberno axilizará os trámites para que as
veciñas e veciños poidan gozar canto antes destas instalacións públicas.

Montes agarda comezas as obras canto antes para garnatir o uso dun servizo público pechado dende a
pandemia da COVID
e totalmente abandonado dende entón.

Os traballos abranguerán tanto o vaso da piscina, como nos vestiarios, zonas de lecer e contorna.Dado o estado actual, haberá que realizar obras de demolición e movemento de terras, executar unha nova rede de abastecemento, reparar o grupo filtrante da sala de máquinas, arranxar o pavimento,
pintar paredes exteriores e executar traballos de xardinaría.

También te puede interesar