Deportes

Este xoves, presentación da biografía de Borja Oubiña

Ás 19:00h. na sede do Real Club Celta, en Príncipe

Este xoves, presentación da biografía de Borja Oubiña

Chegou o momento de coñecer o libro «4 Oubiña», unha biografía narrada en primeira persoa, na que se conta traxectoria do futbolista celeste Borja Oubiña dende os seus inicios ata a retirada.

Este xoves 13 de xuño (19:00 horas) presentarase na sede do Real Club Celta (Salón Regio) esta obra escrita polo noso compañeiro Iago Solleiro, xornalista, vigués e celtista, que sae agora á luz publicado por Editorial Elvira.

A presentación celebrarase na Sede situada na rúa Príncipe, nun acto no que o Celta actuará como
anfitrión. Iago Solleiro e Borja Oubiña estarán acompañados polo editor, Xabier Romero; o autor do
prólogo, Armando Álvarez, e o conselleiro do Real Club Celta, José Manuel Amoedo. A entrada ao
evento será libre ata encher o aforo.

«4 Oubiña»

Borja Oubiña narra a súa historia dende os seus primeiros partidos na praza de Vilagarcía xunto á casa dos seus avós, o seu paso polo Moledo ou o Gran Peña ata chegar ao Real Club Celta con 13 anos. Aí comezou unha traxectoria que o levou a ser o único «canteirán» que logrou entrar no once do Eurocelta, o seu paso fugaz pola selección española, a súa chegada á Premier, a lesión en Anfield
Road ou ás dez veces que pasou polo quirófano… Pero, ademais, coñeceremos a profesionalidade de
Borja, aos seus adestradores e compañeiros vistos dende a súa mirada, o mundo dos representantes,
o negocio do fútbol ou a extrema esixencia física do deporte de elite.

También te puede interesar