A oposición no Concello de Redondela vén de denunciar que o Goberno local perder, de novo, unha subvención “ao non executar nin xustificar unha obra a tempo”. Nesta ocasión trátase dunha subvención por importe de 50.097,81 euros que lle foi concedida xa fai un ano por Agader (Xunta de Galicia).
Esta cantidade estaba destinada á pavimentación e mellora dos Camiños Das laxes e Carreiro da Auga, en Reboreda por un importe de 17.329 € e do Camiño Real Laredo, en Chapela por importe de 43.377€. “Os tres camiños se atopan nun estado de deterioro moi importante”.
Un ano para facer as obras
O ex alcalde, Javier Bas, subliña que a Xunta lle deu case un ano de prazo para facer a obra e o goberno de Digna Rivas “foi incapaz de executala”. Bas alerta do feito de que, “unha vez mais Redondela perda financiación de outras administración e mais neste momento no que as contas se atopan nunha situación moi alarmante, con importantes débedas aos provedores e incumprindo todos os indicadores económicos de solvencia como a periodo medio de pago ou a regra de gasto”.
Xa perdera outra subvención de 500.000€
En concreto, o líder dos populares redondeláns, lamenta que o Goberno local continúe perdendo axudas doutras administracións e organismos e subliña que os verdadeitos pèrxudicados son os veciños e veciñas. Refírese en concreto a 500.000€ en dúas subvencións de 299.000€, e de 135.000€ restantes, como xa denunciara en marzo deste ano.
Máis de 2 millóns en total
A estos 500.000€, que perdeu o Goberno Municipal pola súa preguiza e falla de xestión, hai que engadir outros 141.478€ destinados a proxectos de separación y reciclado en orixe de biorresiduos mediante compostaxe; ademáis da axuda destinada a proxectos de implantación ou mellora da recollida separada de aceite de cociña usado; outra para proxectos de implantación da recollida separada da fracción de residuos téxtiles dos residuos municipais; unha cuarta para a mellora e ampliación dos servizos prestados pola rede galega de puntos limpos, por importe de 66.394€, que suman en conxunto 207.872€.
Estas cantidades, son apenas unha porcentaxe de todas as que deixou fuxir Digna Rivas, posto que, lembran dende o PP, hai que engadir 1.400.000€ de subvención para a Praza de Abastos ; 50.000€ para o Pavillón de Reboreda e unha parte importante dos Fondos Europeos conseguidos polo goberno anterior.
Lamentable
Para Javier Bas, que hai uns días reiterou a necesidade de que Digna Rivas deixe a Alcaldía, “é lamentable o estado dos camiños, pero aínda é mais lamentable que dándolle a Xunta a financiación para mellorar a situación de tres camiños, este goberno teña que devolver os cartos porque non é quen de executar a obra en tempo”.