Comarcas

Salceda celebra a graduación da súa primeira promoción de Bacharelato

Dende que abriu o instituto no concello

Salceda celebra a graduación da súa primeira promoción de Bacharelato

O Pazo Pegullal foi o marco escollido para a celebración da graduación da primeira promoción de bacharelato de Salceda, un acto inesquecible para os 49 rapaces e rapazas que celebraron o remate dos seus estudos no IES Pedras Rubias. O acto tiña sen dúbida un carácter especial, por ser esta a primeira promoción en rematar os seus estudos de bacharelato en Salceda logo da súa implantación no curso 2022/2023…ainda que non estrearon o novo edificio que se está a rematar para acoller as vindeiras promocións.

Foi un acto emotivo, pero ante todo un acto divertido, pensado por e para o alumnado, que gozou coas intervención dos profesores, pero tamén dos seus compañeiros e compañeiras, amenizando ademais a velada con música en directo a cargo de Breogán, Sara, Javi e Alba, estudantes do mesmo instituto.

Premios aos mellores estudantes

No acto, ademais de premiar a esta primeira promoción, recoñecéronse os mellores expedientes académicos do curso, e entregáronse diferentes agasallos ao profesorado, equipo directivo e alumnado.

Máis de 300 persoas participaron no evento no entorno incomparable do Pazo Pegullal, que a súa propietaria Charo Andrade puxo a disposición do centro de xeito desinteresado a través da petición feita por parte da alcaldesa, Loli Castiñeira. O equipo de goberno, xunto con representantes da corporación de PP e PSOE quixeron tamén estar presentes, respostando deste xeito o convite feito dende o propio IES Pedras Rubias.

 A directora do centro, Chefa Espiñeira, felicitou a esta primeira promoción de bacharelato, lembrando que foron anos difíciles con unha pandemia por medio, polo que estaba se cabe máis orgullosa delas e deles.

También te puede interesar