Comarcas

Os escaparates dos comercios de Redondela tínguense de cor azul

Os clientes poderán votar a mellor decoración e participar en sorteos de tarxetas regalo

Os escaparates dos comercios de Redondela tínguense de cor azul

A Asociación de Empresarios de Redondela pretende impulsar a presenza da campaña dos días azuis a través dun concurso de decoración comercial. No mesmo, a clientela poderá votar as decoracións realizadas polos comercios participantes que se identifican con hortensias azuis.

Votación dixital

Durante a campaña os comercios poderán ir preparando as súas decoracións para participar no concurso e terán de prazo para presentar as fotografías dos seus escaparates ato o 21 de xuño. A partir do 25 de xuño a asociación activará un sistema de votación dixital para que a clientela vote o seus escaparates favoritos.

Sorteo de tarxetas regalo

Ata o 30 de xuño a clientela poderá rexistrar as compras que realice no comercio local para participar no sorteo de tarxetas regalo de 250€ e 150€. Un importe total de 20.000€ en premios repartiranse en tarxetas prepago para mercar no pequeno comercio de Galicia. Esta campaña, que está coordinada pola Federación Galega de Comercio en colaboración coas asociacións locais, “chega a toda Galicia grazas ao financiamento da Xunta”.

Achega da Deputación de Pontevedra

Tamén en relación con Redondela, a Xunta de Goberno da Deputación aprobou destinar 2,4 millóns de euros para que oito concellos da provincia impulsen novos investimentos ao abeiro da liña 1 do ‘Plan +Provincia’ e un noveno afronte gasto corrente ao abeiro da liña 2.

No caso de Redondela o organismo provincial destinará 102.788€ para o retranqueo da CT 250 KVA no ámbito do proxecto da estrada e redes de abastecemento e pluviais, dos camiños Baixada á Estación e do Cairo.

También te puede interesar