Un mozo de 30 anos faleceu mentres facía escalada nun rocódromo en Santiago. O suceso produciuse este luns ás 20:15h. nun local situado no Polígono Costa Vella.
O deportista caeu dende unha altura duns 8 metros, segundo indicou a persoa que chamou ao 112 Galicia para pedir axuda.
Axiña desprazouse ao lugar o helicóptero con base medicalizada do 061 en Compostela e dause aviso á Policía Nacional, Policía Local e Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Santiago, entre outros.