Galicia

Aberto ata o 4 de xullo o praza para solicitar unha das 47.000 prazas de FP no vindeiro curso

Podes escoller entre 214 titulacións repartidas en 153 ciclos

Aberto ata o 4 de xullo o praza para solicitar unha das 47.000 prazas de FP no vindeiro curso

Desde este luns, día 24, e ata o 4 de xullo estará aberto o prazo de solicitude para cursar unha titulación de Formación Profesional nas preto de 47.000 prazas de novo ingreso para o novo curso 2024-2025 -un 11% máis-.

Os interesados poderán escoller entre 214 titulacións diferentes -17 delas de nova implantación- repartidas en 153 ciclos de grao medio, básico e superior, 22 másteres, 24 títulos de alta especialización e 15 programas formativos orientados a persoas con necesidades educativas especiais.

Así pois, quen desexe estudar un ciclo de FP o próximo curso, a través do Portal Educativo ten dispoñibles as instrucións cos detalles específicos para cada unha das modalidades. En todo caso, as principais datas son as seguintes:

OfertaPresentación
de solicitudes
Resolución
provisional
de
solicitudes

adxudicación
de prazas
Período de
matrícula para
as persoas
admitidas
Ordinaria/modularDo 24 de xuño
ás 9:00 h. ao 4
de xullo ás
13:00 h.
10 de xullo17 de xulloDo 17 de xullo
desde as 9:00
h. ao 22 de
xullo ás 13:00
h. (para a 1ª
adxudicación)
FP Dual IntensivaDo 24 de xuño
ás 9:00 h. ao 4
de xullo ás
13:00 h.
8 de xullo15 de xullo
(do 8 ao 12 de
xullo haberá un
período de
selección polocentro
educativo e as
empresas)
Prazas
adxudicadas e
en espera o 15
de xullo
Do 16 de xullo
ás 9:00 h. ao
24 de xullo ás
13:00 h.
Másteres de FPDo 24 de xuño
ás 9:00 h. ao 4
de xullo ás
13:00 h.
10 de xullo17 de xulloDo 17 de xullo
ás 9:00 h. ao
22 de xullo ás
13:00 h.

También te puede interesar