Sucesos

O 061 atendeu 61 intoxicacións etílicas ou por drogas, 7 accidentes e 5 queimaduras na noite de San Xoán

Entre as 2h. do domingo e as 9 da mañá deste luns

O 061 atendeu 61 intoxicacións etílicas ou por drogas, 7 accidente e 5 queimaduras na noite de San Xoán

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 atendeu na pasada Noite de San Xoán 61 intoxicacións etílicas ou por drogas; 7 accidentes de tráfico,con sete persoas implicadas, e cinco queimaduras provocadas polas fogueiras. O período contabilizado foi desde as 21.00 horas, do domingo 23 de xuño, ata as 09.00 horas, deste luns, día 24.

A Coruña con 36 intoxicacións etílicas ou por drogas foi a provincia que rexistrou o maior número de atencións, seguida da Pontevedra con 18, Lugo con cinco e Ourense con dúas persoas atendidas. 35 persoas foron atendidas no punto e non requiriron traslado e 26 foron trasladadas a centros sanitarios.

As queimaduras atendidas polo 061 na Noite de San Xoán foron cinco. Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu a catro persoas en Pontevedra e unha persoa na Coruña. Todos os pacientes necesitaron ser trasladados a un centro hospitalario.

No caso dos accidentes de tráfico foron asistidas sete persoas en sete accidentes de tráfico. Pontevedra rexistrou tres accidentes de tráfico; A Coruña e Lugo rexistraron dous accidentes de tráfico respectivamente. Do total de persoas atendidas, cinco foron trasladadas a centros sanitarios e dúas foron asistidas no punto sin necesitar traslado.

También te puede interesar