Comarcas

Todo listo para a ‘Festa da Langosta’

Arrancará o venres 5 de xullo na Guarda

Todo listo para a 'Festa da Langosta'

Apenas faltan dúas semanas para a XXXII Festa da Langosta en A Guarda, que arrancará o venres 5 de xullo co pregón de Luis Zahera ás 20:30 horas na praza do Reló.

Tras ese acto haberá un pasarrúas co grupo Bregadiers, e non será o único da festa, pois o sábado e domingo pola mañá, Trebón dos Xidos e A Boalleira, respectivamente, serán os encargados de levar a música polas rúas. 

Pola tarde non cesa a música con Brassica Rapa o sábado e con Broken Peach o domingo, ambos a partir das 20:00h. Á noite do sábado chegará o grupo Gin Toni’s, que interpretarán versións de clásicos pop e rock desde as 23:00 horas.

Zarpa o volanteiro

A asociación Piueiro terá un papel destacado na festa. O volanteiro arrancará a súa oferta saídas de navegación deste verán con saídas o sábado e domingo ás 16:30, 17:30 e 18:30h. Toda a información e reservas estará dispoñible no punto de información da carpa.

Ademais, Piueiro presentará o evento que se producirá o seguinte fin de semana no porto da Guarda: a Xuntanza mariñeira Rosegha. Trátase dunha xuntanza de embarcacións tradicionais, pero que traerá consigo outras actividades que se explicarán o sábado 6 de xullo no Auditorio de San Bieito, ás 20:30 horas.

Lecer

Para un lecer en familia, o xogo dixital de escapismo ao aire libre “Esencia mariñeira” (Eureka Reto Cultural) seguirá dispoñible ata o domingo 14 de xullo. O acceso ao reto está dispoñible en riadevigobaixomino.gal.

As actividades habituais non cesan, polo que haberá visitas guiadas ao Castro San Trega de balde. As visitas, de 45 minutos de duración, realízanse desde a casa forestal do monte de martes a domingo cos seguintes horarios: 12:00, 13:00, 18:00 e 19:00h. Nin o reto nin as visitas precisan de inscrición previa.

Praza de Abastos

Mentres chega a Festa da Langosta, seguen as obras la Praza de Abastos da Guarda, destinadas a mellorar a súa utilidade. De conformidade coas modificacións que solicitaron os praceiros, o proxecto xa deu comezo e “agárdase poder rematar canto antes para que a vida na praza non sexa interrompida”.

Os traballos, cuxos primeiros resultados xa son visibles, ten como un dos seus obxectivos “facilitar e facer máis agradable a vida na praza, converténdose nun lugar de encontro para os veciños”.

También te puede interesar