Galicia

‘Fariña’ terá que retirar unha escena sexual de Oubiña

E pagarlle unha indemnización de 15.000 euros

'Fariña' terá que retirar unha escena sexual de Oubiña

A Audiencia Provincial de Pontevedra vén de estimar parte da demanda interposta polo ex narco Laureaño Oubiña contra Atresmedia, Bambú Producións e Netflix. Así o indica unha sentenza da Sección 3ª de data 25 de xuño, que resolve o recurso de apelacion contra a sentenza do Xulgado de 1ª Instancia número 3 de Vilagarcía de Arousa.

Así, os xuices estiman que as entidades demandadas vulneraron o dereito á intimidade persoal de Oubiña nunha escena de contido sexual coa súa muller na serie ‘Fariña’. O tribunal apreza que non está xustificada por “a liberdade creativa innegable dos creadores e produtores”.

Por tanto, debe retirarse da serie e suprimir as imaxes das plataformas de Antena 3 e da súa web. Así mesmo, Atresmedia, Bambú e Netflix teñen que indemnizar a Laureano Oubiña con 15.000€ -reclamaba 1,5 millóns-.

Innecesaria intromisión e lesión na intimidade

Así, os maxistrados consideran que nesta escea hai “unha innecesaria intromisión e lesión na intimidade de Laureano Oubiña, ao plasmar un ámbito familiar, a súa relación de parella, reservado e non exposto sobre o que o seu personaxe público non se proxectaba e no que a ficción e trama da obra, no seu aspecto creativo, non precisaba entrar”.

Ademais a Sala entende que a faceta pública de Oubiña non alcanza á súa privacidade, xa que “non a expuxo” e, por tanto, a súa condición de personaxe público “non necesariamente habilita ao acceso á súa vida privada, de parella e doméstica”.

Rexeita todas as demáis demandas do ex narco

Esta é a única das demandas do ex narco que atenderon os xuíces, rexeitando todas as demais contra ‘Fariña’, como fixera o Xulgado de 1ª Instancia explicando que estamos ante un fío argumental de ficción, que atopa apoios en circunstancias reais, aínda posteriores, sen afastarse maiormente”. 

“En todo caso, o que expón a serie, do que parte e pon sobre a mesa do espectador é, con carácter xeral, a consabida problemática do tráfico de drogas e a situación en Galicia no lapso temporal que presenta, mesturando feitos reais con ficción narrativa e creación artística, sen que a repercusión ao señor Oubiña, identificado nela, sexa moi distinta da que el mesmo e as súas condutas deparáronlle en relación a ese momento, destaca a sentenza. Esta non é firme e contra ela aínda pode interpoñerse recurso.

Laureano Oubiña estivo na cadea 22 anos, ininterrumpidos, dende 1990 a 2012, logo de ser condenado por distintos delitos de tráfico de drogas e blanqueo de capitais

También te puede interesar