Destacados Vigo al minuto

Mobilización das traballadoras de Benestar Social do Concello, ante a situación límite do servizo

Este venres ás 20:00h.

Mobilización das traballadoras de Benestar Social do Concello, ante a situación límite do servizo

As traballadoras do servizo de Benestar social do Concello de Vigo realizarán este venres, día 28, ás 20:00h. unha nova mobilización para “reclamar un servizo de calidade e ante a ausencia total de resposta por parte da organización municipal”.

Tratarase dunha marcha silenciosa con percorrido dende a Farola de Urzáiz ata a Praza da Princesa, para tratar de simbolizar a morte dos servizos sociais.

Os Servizos Sociais municipais ao límite

Na actualidade os servizo que presta o departameto de Benestar do Concello está moi comprometido dado que o persoal que hai na actualidade no chega para atender as necesidades que se presentan; hai unha lista interminábel -de 8 a 10 semanas para a primeira cita-; houbo que pechar oficinas; non é posible realizar unha atención axeitada e persoas dependentes sen asistencia e outras que están nunha situación crítica.

Desafiuzamentos, axudas de emerxencia, RISGA e Ingreso Mínimo Vital

Ademais do peche de oficinas ou do feito de non poder atender todos os casos de dependencia, non se poden despachar os informes de arraigamento ou daqueles que solicita a Fiscalía. Tampouco facer fronte a conxunturas de desafiuzamentos ou elaborar documentos para o acceso a un posto de traballo.

A día de hoxe, os trámites para as axudas de emerxencia, auténticas situación de risco social inminente, tardan máis de 2 meses. Por último, o Concello de Vigo está emitindo fora de prazo os informes imprescindibles para tramitar a Risga e o Ingreso Mínimo Vital.

Demandas

Á vista desta situación, durante meses as profesionais veñen demandando do Goberno local:

  • Aumento da plantilla de persoal de Benestar social para lograr, polo menos, o cumprimento da ratio marcada por lei.
  • Cobertura de baixas de longa duración, permisos de maternidade e redución de xornadas por conciliación familiar.
  • Criterios técnicos para a avaliación e propostas de mellora dos programas e servizos municipais
  • Reducción do número de citas diarias e aumento da duración do tempo de atención das entrevistas.

También te puede interesar