Destacados Vigo al minuto

Manifestación este venres para denunciar o “abandono de Teis”

Ás 19:00h. con saída desde a piscina municipal

Manifestación este venres para denunciar o "abandono de Teis"

A Asociación Veciñal de Teis, convoca unha manifestación este venres 28 de xuño ás 19:00 h, con saída desde a piscina municipal, para “denunciar o abandono de Teis”.

Os veciños lembran que levan anos reivindicando máis dotacións e servizos para a parroquia, petición que “non se atenden por parte do Goberno municipal de Vigo”. Así, subliñan que hai 10 anos que Abel Caballero anunciou a construción dunha biblioteca; ademais xa pasaron 2 anos coa piscina municipal pechada logo do incendio de maio de 2022 e aínda non hai unha data para o comezo da obra da anunciada reconstrución”.

No caso dos terreos da ETEA, é urxente mellorar o mantemento dos espazos da beiramar ( paseo marítimo e peirao), avanzar na urbanización dos viais ou mellorar as instalacións deportivas, coa recuperación da piscina.

A Guía e A Riouxa

“Teis, conta con dous grandes parques ” A Guía ” e ” A Riouxa” , pero que presentan grandes deficiencias, polo que é necesario un plan para a súa posta en valor”. Tamén é unha necesidade canda vez maior é a falta de estacionamento, engaden dende a Asociación Veciñal, polo que hai que abordar a necesidade da construción dun estacionamento soterrado.

Por último, o edificio da antiga ” fabrica de pinturas “, propiedade municipal, “está nun estado de absoluto abandono e aínda non hai definido uso social para estes terreos”.

A recuperación dos terreos ETEA

Desde a Asociación, agardan que a “nova etapa” nas relacións entre Concello de Vigo e Xunta de Galicia, que “iniciaron” Rueda e Caballero, “non se quede só nunha foto ou nunha declaración de intencións e haxa avanzos reais na recuperación dos terreos da ETEA” (urbanización de viais, construción da residencia de maiores, etc). Neste sentido os veciños lamentan que “ao longo destes anos houbo moitos anuncios por parte das diferentes administracións, pero logo non se fixo nada”.

Por iso, consideran fundamental seguir coa mobilización, como a garantía de que “non haxa máis enganos”.

También te puede interesar