Comarcas

O Concello do Porriño incorpora 10 novos traballadores ao seu cadro de persoal

Catro peóns de obra pública, tres de xardinería e tres conserxes

O Concello do Porriño incorpora 10 novos traballadores ao seu cadro de persoal

O Concello do Porriño vén de incorporar ao seu cadro de persoal a 10 novos traballadores que desenvolverán as súas tarefas en diferentes servizos municipais. Estas contratacións formalizáronse ao abeiro das axudas de fomento do emprego da Xunta de Galicia  dirixidas a persoas que se atopen en risco de exclusión social ou sexan perceptores doa Risga, cunha inversión de preto de 120.000 euros.

Trátase en concreto de catro peóns de obra pública, tres de xardinería e tres conserxes que se contratan por nove meses cunha xornada parcial ao 75%

O alcalde, Alejandro Lorenzo, e os concelleiros de Emprego, Limpeza e Vías e obras;  Rosario Costas, José Carlos González e Ramón Porto, deron a benvida aos traballadores e traballadoras que xa realizan as súas tarefas.

Lorenzo subliñou que “ademais dunha oportunidade laboral para todas estas persoas, estas contratacións mellorarán a nosa resposta ao reforzar os servizos que prestamos á cidadanía.

Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+

Ademais, este venres, día 28, O Porriño celebra o Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+ co II Consurso Drag Queen do Porriño Orgulloso 2024 e un concerto posterior do grupo galego Las Antonias -coñecidas polas súas versións de boleros, nas que deconstrúen letras machistas-. As actuacións comezarán as 21:00h na praza do Arquitecto Antonio Palacios.

A gala estará presentada pola drag queen porriñesa Oliver Soto que sorprenderá aos asistentes con algunha actuación especial.

También te puede interesar