Cultura

A Guarda, epicentro mundial do blues

Coa 4ª edición do ‘Mar de Blues’

A Guarda, epicentro mundial do blues

“Mar de blues” celebra a súa cuarta edición con máis artistas internacionais.O Concello da Guarda xunto a Deputación de Pontevedra, en colaboración con Mais que Blues-Onme e Cervezas Alhambra, volverán facer da Guarda lugar de peregrinaxe e de encontro para todos os amantes da música.

O festival celébrase o 19 e 20 de xullo na Praza do Reló. O venres 19 a música estará a cargo de David L.H. e da Minnemann Blues Band, a partir das 21:30 horas.

O sábado celebrarase unha sesión vermut ás 12:30 horas amenizada polos galegos The Blues Moonshiners & friends. Eles tamén actuarán esa noite, na que tamén veremos no escenario a Little Orange e Dorrey Lin Lyles & Marcos Coll Band. Deste xeito, Mar de Blues consolídase como un festival de referencia no mundo do Soul&Blues.

Artistas

Este ano as bandas e artistas invitados chegan dende Galicia, Portugal, Alemaña ou os Estados Unidos:

  • David L.H. un xove músico da Coruña que sinte gran paixón polo grandes solitarios do Blues. El e a súa guitarra deleitarannos na Guarda.
  • Minnemann Blues Band, este alemán mudouse aos 18 anos a Portugal e tras unha estapa con Rui Veloso, pai do rock portugués, inclínase cara o blues, fundando a súa banda coa que leva máis de 40 anos sendo un fos grandes pioneiros do xénero no país veciño.
  • The Blues Moonshiners esta banda destaca pola súa mestura de Blues tradicional, folk e country blues.
  • Little Orange, Ssergio Laranjo escoitou blues dende neno e sentiuse hipnotizado por ela. O seu show é unha viaxe entre o pasado e o presente, onde a memoria de grandes do Hill Country Blues.
  • Dorrey Lin Lyles, enérxica  e  carismática como poucas, Dorrey é dende 2007 membro permanente dos “The Very Best of Black Gospel”, aparte de colaborar con numerosos proxectos musicais. Na Guarda estará xunto a Marcos Coll Band. Xuntos combinan a perfección todas a súas influencias musicais nunha mestura explosiva de jazz, gospel, blues&soul.

También te puede interesar