Dende o pasado luns, xa funciona a liña de autobús que conecta O Porriño (dende a Avenida de Galicia) e Praia América (Rotonda de Rans). Como en anos anteriores a liña é de frecuencia diaria, incluíndo laborais e festivos.
Así, o horario de saída será ás 15:00h desde a parada de autobuses do Porriño e a volta ás 20:30h dende a rotonda de Rans, en Nigrán. A viaxe será directa pola autopista.
O custe do servizo é de 1,55€ por viaxe, rebaixado a 0,45€ para quen conte coa tarxeta metropolitana. Para as persoas maiores de 65 anos e as que dispoñan da Tarxeta Xente Nova a viaxe é gratuíta.
Porrigalia
Así mesmo, a Concellería de Festexos vén de publicar as bases que establecen os requisitos, pautas e condicionantes que se deberán cumprir para a instalación de postos de venda, casetas, tómbolas e atraccións en Porrigalia 24.
Tamén poderán optar aos postos de venda ou casetas as ANPAS dos centros educacionais do Porriño, as asociacións veciñais e culturais do municipio, asociacións deportivas do Porriño e asociacións protectoras de animais.
As condicións e toda a documentación necesaria para formalizar a inscrición pode consultarse e/ou descargarse en na ligazón https://porrigalia.org/inscricions-2024/ .