Foi durante aXXXII Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, que rexitrou unha asistencia espectacular, ata o punto de que a carpa, de 1.000m2, quedou pequena por momentos. Así en toda a fin de semana vendéronse 700 quilos de langosta, deles 270 quilos só durante o mediodía do sábado o que, apuntan dende o Concello, “é un récord”.
As gañas de comer ben non quedaron só na langosta pois tamén se ofertaban croquetas, empanadas, langostinos, paella… e “esgotáronse, temén, as existencias de percebes e o viño da adega Gran Novás antes do peche da carpa”.

Xa desde o venres, día 5, a afluencia foi moi numerosa, pois tras o pregón de Luis Zahera na Praza do Reló, foron moitos os que se achegaron ata a carpa coa pequena comitiva para comezar a degustar os produtos.
O sábado, 6, arrancou co pasarrúas do Trebón dos Xidos, quen pasou o testemuño a Brassica Rapa, que animaron as rúas durante a tarde. Nesa mesma tarde, presentouse o que será a celebración desta fin de semana: A Rosegha. Por iso, aínda que estes días O Piueiro tivo que suspender varias saídas, haberá máis oportunidades esta finde.
Así, o domingo 7, A Boalleira encargouse de comezar o día co seu pasarrúas. Pouco despois, o programa ‘Aquí Portugal’ arrancou a súa emisión na RTP e TVG para dar a coñecer a historia, gastronomía, paisaxes, cultura e deporte da vila. Xa pola tarde, o grupo Broken Peach cautivou ao público ao lado da carpa.








Os restauradores e traballadores da Festa da Langosta recoñecen a asistencia récord desta edición, pola que o Concello calcula que pasaron unhas 15.000 persoas.