Sempre hai motivos para darse unha volta polo Porriño…pero imos engadir outros dous: o primeiro deles son as ‘Rebaixas de Verán’. Sí: ata a o 16 de xullo as persoas que merquen ou consuman nos 114 establecementos membros da Asociación de Comerciantes e Industriais de Porriño (ACIPOR), ademáis de descontos, terán a posibilidade de participar no sorteo de 3 tarxetas regalo Morea de 50€, 150 bolsas da compra 15 carros para a compra. A forma de participar é rexistrar o tiquet de compra na web de Morea: ccamorea.es.
Así, o mércores 17 de xullo terá lugar o sorteo ás 20:30 horas na sede de ACIPOR, e a listaxe cos premiados será publicada nas redes sociais de Morea, Facebook CCA Morea e Instagram cca_morea_acipor, para que poidan recoller os premios.
O alcalde, Alejandro Lorenzo, que presentou a campaña xunto co director xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, Gabriel Alén Castro, e coa presidenta de Acipor-CCA Morea, Juana Pérez, subliñou que o comercio do Porriño “goza de moi boa saúde e iso é en parte polo gran labor dos a das nosas comerciantes que ofrecen unha amplísima gama de produtos da mellor calidade e tamén pola resposta incondicional da veciñanza, que valora as vantaxes de mercar no seu pobo”, Lorenzo invitou, ademáis, a “aproveitar esta campaña e beneficiarse dos descontos propios das rebaixas e tamén dos moitos premios que poden gañar”.
San Bieito
O segundo motivo para ir estes días por Porriño é que celebra San Bieito, unha das súas festas patronais, os días 10, mércores, e 11,xoves.
A programación comezará o mércores a partir das 20.30h na praza de San Sebastián coas actuacións do Trio Azar e a Orquesta Capitol. De seguido, sobre a media noite, darase paso a música DJ co Mano de Santo DJ Festival, a gran novidade deste ano. A sesión DJ contará coa participación de Selecta, un dos productores clave da escea urbana nacional, Groove Amigos, e o un contra un -B2B- entre Samu Pexe e Pitty.
O xoves día 11, propio día de San Bieito, celebraranse as misas na Capela ás 9:00 e 10:00 h. A misa solemne as 12:00 h na Igrexa Santa María, coa participación da Coral da Escola Municipal de Música, seguida da Procesión, acompañada pola Banda Municipal de Música. Ao finalizar, a Banda dará un concerto no barrio de San Bieito e terá lugar unha subasta benéfica para a AECC do Porriño.
Xa pola tarde, a partires das 19:30h, actuará a banda de gaitas Os Zoqueiros. Ás 20:00h terá lugar outra misa na igrexa de Santa María. E a velada continuará coa actuación ás 21:30h da Orquesta Tango para rematar co DJ Khris Guez.