Deportes

Aberto o prazo para inscribirse na Gladiator Race Junior de Tomiño

Será o vindeiro 20 de xullo, de balde, no Espazo Fortaleza de Goián

Aberto o prazo para inscribirse na Gladiator Race Junior de Tomiño

Emoción no aire para participar no próximo evento da Eurocidade Cerveira-Tomiño, a Gladiator Race Junior, unha carreira de obstáculos deseñada para diferentes idades. A mesma busca dinamizar máis alá das fronteiras actividades deportivas baseadas nos xogos tradicionais pero tamén nos deportes máis actuais.

Cun límite de 400 prazas en total para a rapazada participante, a Gladiator Race Junior ofrece unha xornada pensada para que a mocidade poida gozar dun día en familia ou en compañía de amigos, facendo deporte ao aire libre dun xeito divertido e orixinal.

20 de xullo

O evento celebrarase o vindeiro 20 de xullo pola mañá totalmente de balde no Espazo Fortaleza de Goián, que se converterá no escenario dunha gran carreira de obstáculos en diferentes categorías en función da idade.

Categorias y horarios

Os nenos e nenas de 3 a 11 anos poderán ir acompañados ao longo do percorrido dunha persoa adulta.

Así, os primeiros en saír serán os participantes Mini Kids, que inclúe a rapazada de 7 a 11 anos que dende as 10:00h. percorrerán 1.000 metros e deberán salvar 16 obstáculos.

Os seguintes serán as e os da categoría Kids, para nenos e nenas de 3 a 6 anos, que deberán superar unha carreira de 500 metros con 12 obstáculos. A carreira sairá ás 10.30 horas.

A categoría Junior, destinada a mozos e mozas de 12 a 20 anos, participará dende as 11.30 horas por equipos mixtos de 5 a 7 compoñentes que terán que enfrontarse a unha carreira de 2,5 km e 25 obstáculos e que deberán chegar como mínimo 5 todas e todos xuntos á liña de meta.

Inscrición

As persoas interesadas en participar na Gladiator Junior deberán inscribirse entrando AQUÍ.

También te puede interesar