Nada alterou a celebració, esta pasada fin de semana de Porrigalia. O Porriño foi o escenario de xogos e espectáculos, día e noite. Bailes, batucadas, Showcooking do Mercado de Abastos -da man de Marta Solé e Roberto Cuerdo- desfiles, comparsas, gardas pretorianas…mesmo os castrexos, co seu rei ao mando, secuestraron ao alcalde, Alejandro Lorenzo.


E aínda que é certo que ‘O que pasa en Porrigalia queda en Porrigalia’, os sobrevivintes podemos contar que houbo concertos de bandas de rock con versionado dos temas máis coñecidos dos 80 e 90; a lectura do pregón a cargo do mesmísimo adestrador do Real Club Celta, o porriñés Claudio Giráldez; música de DJ, mesmo unha queimada multitudinaria feita polo mesmo Panoramix.


E os xogos?
Estiveron reñidos, moi reñidos. Todos eles: dende o Gladiator Kids para cativos de entre 3 e 10 anos, pasando polas Olimpiadas Técnicas, coas tradicionais probas deportivas da Porrigalia, nas que non faltaron os galos Astérix e Obélix; tamén a loita, as carreiras -de 50 metros, de sacos, mesmo de carretillas- saltos de lonxitude e de altura, o xogo da soga, lanzamentos de peso, esgrima e tiro con arco.






E fixémonos coa copa
E para rematar…a victoria. Así foi: todos, dende os galos aos romanos, mesmo os exipcios e, por desgracia para eles os vistantes da Britania, poideron ver nunha pantalla xigante, montada en Domingo Bueno, a victoria da Selección Masculina española na Eurocopa por 2 goles a 1 a Inglaterra. A festa foi completa!

