Comarcas

O festival ‘Atlantica Beach Party’, este jueves, gratis en Praia América

Os mellores DJ nacionais pincharán desde as 19:00 horas no aparcadoiro na que promete ser unha das grandes citas do verán

O festival 'Atlantica Beach Party', este jueves, gratis en Praia América

O Concello de Nigrán ofrece este xoves, día 18, desde as 19:00 horas en Praia América (zona do aparcadoiro) o festival gratuíto ‘Atlantica Beach Party’, un evento no que se darán cita os mellores DJ do Estado e que se estrea na programación municipal de verán.

Entre os cabezas de cartel destaca Barce, habitual nas salas de todo o país; Dj Tank (chegado directamente desde China e nunha das súas escasas citas en Europa), e outros reputados Dj como Groove Amigos, Dumore, Vince Stone, Ángel Vázquez ou Dmirón. Neste enclave espectacular haberá espazo para food-trucks.

“Será unha das citas máis potentes de DJ no sur de Galicia e con ela damos cabida a un tipo de público e de idade ao que xeralmente non se lles presta tanta atención nas programacións socioculturais”, explican os responsábeis municipais que agardan unha asistencia multitudinaria a este festival consagrado á música electrónica e urbana.

También te puede interesar