A Xustiza investiga ao Celta polas verteduras procedentes da cidade deportiva A Fouteza 

O xulgado de instrucción número 2 de Vigo ven de notificar a apertura de dilixencias previas

A Xustiza investiga ao Celta polas verteduras procedentes da cidade deportiva A Fouteza 

O xulgado de instrucción número 2 de Vigo ven de notificar a Ecoloxistas en Acción a apertura de dilixencias previas para “investigar o vertido contaminante procedente de A Fouteza, a cidade deportiva da SAD Celta en Mos, xa que aprecia posible delito contra os recursos naturais e o ambiente (PROC. ABREV. 929/2024)”.

Así, informan, o auto xudicial é anunciado varias semanas despois de que Ecoloxistas en Acción interpuxera unha denuncia ante o xulgado “solicitando que se abriran dilixencias penais contra a SAD Celta por delito contra o ambiente e contra a saúde pública, polo vertido contaminante procedente das instalacións deportivas do Celta en Mos, que está vertendo residuos sobre os mananciais das traídas veciñais das parroquias mosenses de Tameiga, Petelos e Sanguiñeda“.

Analítica

Como proba da contaminación se entregaron no Xulgado os resultados da analítica do vertido encargada pola asociación ecoloxista que, subliñan, reflicten unha altísima concentración de fecais e tamén a presenza de varios compostos químicos asociados aos pesticidas e fertilizantes habitualmente utilizados no coidado e mantemento dos campos de fútbol. 

“O Concello de Mos recoñece que a tubería procede das instalacións do Celta”

Para a organización ecoloxista as declaracións do alcaldesa de Mos veñen a confirmar a súa denuncia. “O Concello de Mos recoñece xa que a tubería procede das instalacións do Celta e que ademais é un emisario do aliviadero dunha cuba de recollida de pluviais e augas residuais dos regos”.

Ecoloxistas en Acción engade que esta auga recollida arrastra materia fecal dos abonos orgánicos e compostos químicos dos plaguicidas utilizados no mantemento dos campos de fútbol. “Cando a cuba se enche, esta rebosa e se alivia a través de tubería que verte no monte.  Isto demostra que o vertido non é inocuo, xa que conten augas resduais contaminantes”. Ademais, lembran, a Confederación Hidrográfica Miño Sil confirmou que o vertido carece de autorización e que iniciou un expediente de investigación.

Delito

Para Ecoloxistas en Acción o vertido contaminante procedente da Afouteza “é claramente un delito contra os recursos naturais o ambiente, pero tamén un delito contra a saúde pública“. A poucos metros, ladeira abaixo, do vertido atópanse varios mananciais das traídas de auga que corren un grave risco de contaminarse, se non o están xa, aseguran dende a ONG.

Así, advirten, a infltración nos manancias de productos contaminantes pode afectar ás persoas e terse que clausurar as captacións de auga deixando a miles de fogares sen auga de boca. Sinalan que no caso de Mos, o Concello carece dun servizo municipal de subministración de auga ás casas co que suplir a clausura das captacións veciñais e particulares.

Prevaricación

Así mesmo, os ecoloxistas sinalan o “posible delito de prevaricación que pode estar cometendo a alcaldesa de Mos ao negarse a clausurar o emisario dos vertidos de A Fouteza, a pesar de ser coñecedora da súa ilegalidade”. 

Ecoloxistas en Acción insisten en que puxeron toda a información que teñen a disposición do Concello de Mos. “Porén o Concello non actuou para atallar este problema”, aclara o seu coordinador local, Xaquín Pastoriza.

También te puede interesar