Comarcas

Adxudicados por 3,1 millóns os traballos de conservación de 50 estradas en 40 concellos da provincia

As actuacións desenvolveranse en algo máis de 290 quilómetros dos máis de 1.600 da rede viaria provincial

Adxudicados por 3,1 millóns os traballos de conservación de 50 estradas en 40 concellos da provincia

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de adxudicar contratos contemplados no Acordo Marco para a conservación de firmes nas estradas provinciais que permitirán actuar en 50 vías de 40 concellos da provincia.

Máis de 290 quilómetros

O investimento ascenderá a un total de 3,1 millóns de euros e as actuacións desenvolveranse en algo máis de 290 quilómetros dos máis de 1.600 da rede viaria provincial. Impórtanos a seguridade das nosas veciñas e veciños e gobernamos para mellorar a súa calidade de vida –explica o presidente provincial Luis López- e, para facelo, é prioritario ter as estradas provinciais, que vertebran todo o noso territorio, en perfectas condicións”.

En canto aos traballos que se realizarán, por unha banda, nalgunhas estradas vaise proceder ao fresado do firme para despois repoñer a capa de rodadura e, pola outra, noutras executarase unha capa de
microaglomerado en frío
. Ademais, procederase á reposición da sinalización horizontal en todas as
actuacións nas que sexa necesario.

Concellos

  • En total, nos concellos de Lalín, Dozón, Rodeiro e Vila de Cruces, vanse realizar traballos por importe de 649.940 € en seis estradas provinciais.
  • Así, en Silleda, A Estrada, Cerdedo-Cotobade e Forcarei, executaranse obras en oito estradas por un importe de 873.281€.
  • Pola súa banda, en Pontevedra, Vilaboa, Ponte Caldelas, A Lama, Cerdedo-Cotobade, Barro, Poio, Cangas, Moaña, Marín, Bueu, Pazos de Borbén, Fornelos de Montes, Soutomaior, Moraña e Campo Lameiro as obras serán en 23 viarios e ascenderán aos 873.693€.
  • En Salceda de Caselas, Ponteareas, Mondariz, Mondariz-Balneario, A Cañiza, Covelo e Crecente realizaranse traballos por un importe de 724.406 € nun total de 13 estradas provinciais.

También te puede interesar