Deportes

A Deputación abre o prazo para que os clubs soliciten axudas para participar en competicións estatais

O importe máximo das achegas situarase entre os 5.500 e os 35.000€

A Deputación abre o prazo para que os clubs soliciten axudas para participar en competicións estatais

A Deputación de Pontevedra abre este mércores, 24 de xuño, o prazo para solicitar as axudas para apoiar aos clubs deportivos da provincia que participen con algún equipo ou deportista en competicións oficias de ámbito estatal.

Esta liña de achegas están dotadas con 900.000 euros, o que significa 50.000€ máis que no pasado 2023, outorgaranse por concorrencia competitiva e permitirán subvencionar gastos federativos, de competición e adestramento, de persoal, de material deportivo ou sanitario.

O importe máximo das achegas situarase entre os 5.500 e os 35.000€, dependendo da modalidade
deportiva e a competición oficial na que participe o club, e, en todo caso, as axudas non poderán superar o 40% do orzamento presentado.

Nivel 1

Así, os recursos distribuiranse en función de tres niveis de competicións e categorías de tal modo que as competicións clasifícanse en tres niveis en función das competicións, que deben estar incluídas nos calendarios oficiais aprobados polas diferentes federacións para a tempada 2023/2024 ou para o 2024.

  • Nivel 1 englóbanse modalidades deportivas nas que a competición de categoría absoluta ou sénior
    se establece en forma de ligas por equipos (con 5 o máis deportistas na competición), con xornadas de ida e volta e con ascensos e descensos de nivel segundo o regulamento de competición. Dentro deste nivel sitúanse a LEB Oro e Liga Feminina Challenge (baloncesto), a 2ª RFEF Feminina (fútbol), a 2ª división nacional masculina (fútbol sala), a OK Liga feminina e masculina (hóckey sobre patines) e a Superliga feminina e masculina (voleibol). Neste caso, recibirán un máximo de 35.000€.
  • Por outra parte, recibirán 25.000 euros a LEB Prata e Liga Feminina 2 (baloncesto), a División de prata masculina e División de honra oro feminino (balonmán), a 3ª RFEF masculina e feminina (fútbol); a 2ª división nacional B masculina e 2ª división nacional feminina (fútbol sala), a OK Liga prata feminina e masculina (hóckey sobre patíns), a Spanish Baseball League (béisbol), a Spanish Softball League (sóftbol), a División de honra feminina e masculina (rugby), a Superliga 2 feminina e masculina (voleibol) e a división de honra feminina e masculina (wáter-polo). Todas elas tamén de nivel 1.
  • E por último, terán unha subvención máxima de 15.000€ os clubs cun equipo na EBA e 1ª nacional feminina (baloncesto), a 1ª división masculina e División de honra prata feminina (balonmán), a Liga nacional de béisbol 1ª división (béisbol), a División de honra xuvenil (fútbol) a 3ª división nacional
    masculina (fútbol sala), o OK Liga bronce feminina e masculina (hóckey sobre patíns), a Liga nacional de sóftbol masculino 1ª división (sóftbol), a División de honra B feminina e masculina (rugby), a 1ª división feminina e masculina (voleibol). Neste nivel 1 de competicións, para os clubs que conten cun segundo equipo de categoría estatal incrementarase o límite establecido en 5.000 €.


Nivel 2

No que respecta ao segundo nivel de competicións inclúense aquelas modalidades deportivas nas que a
competición de categoría absoluta ou sénior se establece en formato liga por equipos, pero con 4
deportistas ou menos no espazo de competición, e con ascensos e descensos de nivel segundo o
regulamento de competición.

  • Neste caso, hai competicións que reciben un máximo de 10.000€, que son Primeira oro/Primeira prata (bádminton), División de honra (Billar), División de honra feminina e masculina (bowling), División de ouro -espada, sable ou florete- (esgrima), División de honra feminina e masculina (Tenis de mesa) e 1ª división da Liga Iberdrola GR e 2ª división da Liga Iberdrola GR.
  • Ademais, poderán conseguir unha achega máxima de 5.000 euros os clubs que participen na Liga de clubs de primeira división feminina e masculina (atletismo), Primeira bronce (bádminton), 1ª división (billar), 1ª división masculina (bowling), División de prata –espada, sable ou florete- (esgrima), 1ª división de orientación a pé (orientación), 1ª división feminina e masculina (técnicas de mesa), Liga nacional de voleibol praia (voleibol praia) e ximnasia (3ª división da Liga Iberdrola GR).
  • Por último, hai un terceiro nivel no que se engloban as modalidades deportivas nas que a competición de categoría absoluta ou sénior se establece en formato de ranking ou clasificación individual ou por equipos e que estean incluídas nun calendario oficial da tempada da que resulte a clasificación final.

Neste caso, os clubs de ciclismo que participen na Copa de España en ruta elite/sub-23 recibirán unha achega máxima de 20.000 euros, e os que o fagan en elite/sub-23 na modalidade de estrada, BTT, XCO ou XCM ou ciclocrós, 10.000 €.

Solicitudes

As solicitudes, que se poderán realizar desde este mércores, día 24 de xullo, e ata o e ata o vindeiro 22 de agosto, deberán presentarse a través da Sede electrónica da Deputación, e no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) poden consultarse as bases da convocatoria con todos os detalles, así como os gastos subvencionables máis pormenorizados ou a documentación que é necesario achegar.

También te puede interesar