Comarcas

Volve a ‘Festa do Peixe Espada’, esta fin de semana, na Guarda

Con actividades, saídas á mar, música e, por suposto, bo xantar

Volve a 'Festa do Peixe Espada', esta fin de semana, na Guarda

A Festa do Peixe Espada celebra esta fin de semana na Guarda a súa 19ª edición. Dará comezo o venres 26 de xullo, co acto de inauguración no Concello ás 19:00 horas, onde tamén se entregará do premio do concurso infantil; desta vez, a Laura Santos Adrover.

Sábado, 27

Xa o sábado 27, a Asociación Piueiro organiza un obradoiro infantil con pintacaras na Praza Avelino Vicente a partir das 11:00 horas. Ademais, abrirase a exposición etnográfica mariñeira no edificio Casa do Pescador, que terá un horario de 11:30 a 13:30 horas e de 17:00 a 20:00 horas.

Para levar música as rúas, o Trebón dos Xidos fará un recorrido desde a Praza de Avelino Vicente ata o Porto, tanto o sábado como o domingo pola mañá.

Ademáis, para achegarnos ao mar, o volanteiro Piueiro ofrecerá saídas que precisan reserva previa na Oficina de Turismo de A Guarda, na Praza do Reló ou no teléfono 986 61 45 46.

Tapas e pratos

Durante a fin de semana 15 restaurantes ofrecerán diferentes tapas ou pratos que terán como protagonista o peixe espada. Deste xeito, amosarán a variedade de formas nas que se pode consumir.

También te puede interesar