Máis de 930 persoas de 17 entidades diferentes da provincia gozarán nos vindeiros días de saídas ao abeiro do programa “+Convivencia” da Deputación de Pontevedra.
Trátanse de asociacións de 13 concellos (A Lama, Meis, Mos, O Porriño, Oia, Poio, Redondela, Ribadumia, Salceda de Caselas, Silleda, Vigo, Vilagarcía e Vilanova de Arousa) que viaxarán ás illas Cíes, Ons, San Simón e Tambo, Poio, Sanxenxo, ou, entre outros, O Grove.
Dende este xoves, día 25
As saídas arrancarán este xoves, 25 de xullo, con as actividades de seis asociacións. En concreto, 54 persoas da Asociación Cultural, Social e Veciñal de Herville; 52 da Asociación de veciños Nosa Terra Pereiras, 54 da ANPA Cela e Pereiras de Alumnos do CEIP Atín Cela e outras 54 da Asociación de Veciños Celado, todas de Mos, visitarán as illas Cíes.
Ademais, 51 persoas da Asociación de Mulleres Rurais Os Pazos, de Meis, pasarán o día na illa de San Simón e 52 da Asociación Veciñal Socio-Cultural e Deportiva Santa Eugenia de Mougas, de Oia, farán unha ruta na que descubrirán o Mosteiro de Poio, Combarro e Portonovo.
Sábado, 27
Xa o sábado, 27 de xullo, serán tres as asociacións da provincia que farán excursións. Así, 54 persoas da
Asociación de veciños Verdecedo de los Barrios, da Lama; 50 da Asociación de Veciños Feira de Cabral, de Vigo, e 54 da Asociación de Mulleres Rurais O Campanario, de Vilanova de Arousa, visitarán a Illa de Ons.
Domingo, 28
E o domingo, 28 de xullo, será a quenda das outras sete asociacións. Desta maneira, 54 persoas da Asociación de Veciños de Saramagoso, de Redondela,;outras 56 da Asociación de Veciños de San Andrés de Barrantes; de Ribadumia, e 57 da Asociación de Veciños Agrícola e Cultural San Tomé, de Salceda de Caselas, pasarán o día na Illa de Ons.
Ademais, 70 persoas da Asociación de Veciños de Campelo, en Poio, farán unha excursión á Illa de Tambo; 54 persoas da Asociación de Veciños de Soutoxuste, de Redondela, e 57 da Asociación Veciñal e Cultural de Cortegada (Avecuco), de Silleda, descubrirán as Illas Cíes; 54 persoas da Asociación Veciñal e Cultural As Mimosas, do Porriño, visitarán O Grove, a Toxe e Portonovo, e 54 usuarios de Areva – Alcohólicos Rehabilitados, de Vilagacía de Arousa, farán unha saída na que coñecerán Combarro,
o Mosteiro de Poio e a Illa de Tambo en barco.
O programa “+Convivencia”
Está dotado con 220.000 euros, permite a entidades sen fins de lucro da provincia coñecer o patrimonio natural, artístico, etnográfico e cultural da provincia de Pontevedra. Oferta un amplo catálogo de actividades de todo tipo: relacionadas coa arqueoloxía, coa arquitectura civil, a relixiosa, a popular, cos faros, co Camiño de Santiago ou cos museos. Todas as propostas están abertas a entidades de iniciativa social, asociacións de mulleres, de maiores, veciñais e culturais ou tamén ANPAS da provincia e o prazo para solicitar as actividades, que deberán realizarse antes do 15 de decembro, permanecerá aberto ata o 1 de decembro.
Como novidade, o Goberno provincial destina este ano a cada entidade unha axuda de ata 1.000€ para que poidan xestionar e deseñar con total autonomía a súa actividade, favorecendo a contratación de empresas do tecido máis próximo e estimulando a economía local.