Cultura

A ‘Noite Branca’ de Vigo ofrece este venres música, visitas guiadas, teatro ou obradoiros

Afundación súmase á celebración coa exposición «Héctor Francesch. Colección de favoritas» que estará aberta ata as 12 da noite

A 'Noite Branca' de Vigo ofrece música, visitas guiadas, teatro ou obradoiros

Vigo celebra este venres, día 26 de xullo, unha nova edición da Noite Branca na rede de museos municipais que acollen unha xornada especial na que as coleccións e as exposicións se revisten de música e outras actividades: visitas guiadas, concertos, obradoiros, con apertura desde as 8 da tarde ata as 2 da madrugada. As actividades son gratuítas e para tódolos públicos, con reserva previa necesaria para algunhas delas.

Castrelos

No Museo de Castrelos haberá:

  • Obradoiro de cerámica castrexa de 20:30 a 22 horas (con reserva)
  • Visitas guiadas cada hora desde as 20 ás 23 horas (non precisa reserva)
  • Visita libre entre as 20:00 horas e as 2 da madrugada
  • Ademais, os Xardíns acollerán un xogo de pistas para público de 8-14 anos (sen reserva),
  • visita guiada ao xardín histórico
  • música e danza na parte dianteira da man do espectáculo de Neonymus “Ritos do esquecemento e memorias prehistóricas” ás 00:00 horas; trátase de música polifónica con danza contemporánea e performance apoiada en videoproxeccións.

Pinacoteca Francisco Fernández del Riego

A Pinacoteca Francisco Fernández del Riego ofrece:

  • Visitas guiadas á mostra “O teu rostro na multitude. As miniaturas do Legado Policarpo Sanz e Irene Ceballos” e á nova colección Colmeiro.
  • Tamén haberá ilusionismo de vangarda con Pedro Volta, con pases ás 20, 21:30, 23 e 00:30 horas para os que é preciso reservar.
  • No exterior do museo, ás 20 horas, poderá gozarse de Animacreques da man de Catropés: zancos e danza nunha proposta de animación e intervención na rúa.
  • Tamén poderán facerse visitas libres dende as 20:00 horas ás 2 da mañá.

A Casa das Artes

  • Programa ás 20:00h. contacontos “Sentido emocións”, para o que é preciso reservar
  • Igual que para dous obradoiros: “Laxeiro e os seus personaxes”, 21:00h., e o taller creativo “Imposibles” ás 20:30h.
  • Poderá gozarse tamén da peza teatral “A libraría máxica” ás 22:30 horas.
  • A música chega á Casa das Artes da man de “Xogo de espellos” de Javier Otero Neira, ás 00:30h. para público adulto, con música para piano electrónica e orquestra.
  • Amais haberá visita libre ás exposicións: Colección Luis Torras e Fundación Laxeiro.

O Museo Verbum de Samil

  • Acollerá unha intervención artística de arte urbana de Tamara Baz no exterior
  • Os obradoiros “Marabillas xiratorias”, de xoguetes ópticos ás 21:00h. para nenas e nenos a partir de 5 anos e con reserva previa
  • “Vestir na Idade de Ferro”, un taller de vestimenta castrexa, tamén con reserva, ás 22:30 horas.
  • Teatro coa peza “Pum! Pum! Quen hai?”, ás 20:00h.para tódolos públicos sen reserva.
  • A música de “El cuarto dorado”, novo disco do vigués Carlos Gil e da actriz Cora Velasco, ás 00:30 horas, sen reserva. Visita libre para tódolos públicos.

Casa Galega da Cultura

Permite a visita libre de 20:00h. a 2 da madrugada das exposicións do Museo Francisco Fernández del Riego e “[Bi]Sions. Dúas miradas sobre Vigo”, a mostra de fotografías de Antonio Gutiérrez e Jorge Lens.

MARCO

Ofrece visitas guiadas ás exposicións abertas nestes momentos ás 20:00, 22:00 e 00:00 horas: Daniel Verbis, Bosco Caride, Laía Argüelles e On The Table.

Villa solita e Museo Liste

  • Villa Solita celebra a Noite Branca co concerto de Dúbida, ás 21:00h., con entrada libre ata completar aforo.
  • Museo Liste programa a exhibición “Atando no peirao”, a cargo da Asociación de Redeiras do Baixo Miño e A Guarda, ás 20 horas, sen reserva
  • Visitas guiadas á exposición permanente e temporal ás 21:30 e ás 23:00 horas.

Afundación

Súmase á celebración da Noite Branca en Vigo coa exposición «Héctor Francesch. Colección de favoritas».

A Sala de Exposicións do Teatro Afundación de Vigo permanecerá aberta ao público ata as 00.00 h. Ademais, ese mesmo día, o artista Héctor Francesch ofrecerá unha visita guiada á mostra na que contará curiosidades sobre as pezas expostas, explicará os seus procesos de creación cos múltiples e singulares soportes e materiais que utiliza e fará un percorrido pola súa traxectoria e as súas diferentes etapas creativas. Será ás 20.30 h coa entrada libre ata completar a capacidade.

También te puede interesar