O mes de agosto presenta numerosas oportunidades para visitar o castro Santa Trega -en A Guarda- nunha visita guiada gratuíta.
Horarios
- Así, os martes haberá ata catro sesións: 12:00,13:00, 18:00 e 19:00h.
- Os mércores, venres e domingos só haberá sesións de tarde (18:00 e 19:00 horas),
- Os xoves só haberá sesións matutinas (12:00 e 13:00 horas).
- Ollo: hai que ter en conta que non haberá visitas os sábados, nin os domingos 11 e 25 de agosto. Ademais, o domingo 11 non se poderán subir vehículos pola Romaría das Festas do Monte.
A duración das visitas gratuítas é de 45 minutos e só se precisa estar á hora no punto de encontro do parking da casa Forestal, xa que non se necesita reserva previa. Mais para grupo de máis de 12 persoas pídese consultar ao MASAT no teléfono 690 01 70 38.
Importante: aínda que as visitas son de balde, a tarifa de acceso de vehículos non está incluída.
O I Gran Premio Ciclista das Festas do Monte darán comezo ás festas máis esperadas da Guarda
Precisamete, As Festas do Monte 2024 recuperan once anos despois a proba ciclista para arrancar a semana chea de celebración, festa, tradición e tamén moitas actividades e deporte.
O I Gran Premio Ciclista Festas do Monte terá lugar o sábado 3 de agosto, cun recorrido urbano de 1,1 km. A zona da Sangriña será a gran protagonista, pois alí instalarase a o punto de saída e de meta.
Ademais, o circuíto dará a volta ás instalacións da Sangriña ata o Centro de Saúde da Guarda. Hai diferentes categorías que se celebrarán ao longo da tarde: promesas, principiantes, alevíns, infantís cadete, júniors, féminas e máster.
A partir das 15:00 horas do sábado, arrancan as Festas do Monte co I Gran Premio Ciclista que xa conta con máis de 150 inscritos.