Comarcas

A Deputación abre o prazo para que os concellos da provincia poidan contratar a 128 persoas

As solicitudes poderán presentarse ata o vindeiro día 21 de agosto

A Deputación abre o prazo para que os concellos da provincia poidan contratar a 128 persoas

A Deputación de Pontevedra abre este mércores, 7 de agosto, o prazo para que os concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes soliciten contratos formativos ao abeiro de “+Emprega nos concellos”.

O novo proxecto, que conta cun orzamento de 2,1 millóns de euros para os anos 2024 e 2025, busca dotar a mozos desempregados dunha primeira experiencia profesional. Esta iniciativa, que se pon en marcha o abeiro do novo programa “+Emprega”, aprobado hai unhas semanas, busca promover a inclusión social, así como o desenvolvemento económico e social da provincia, a través da mellora da empregabilidade.

128 empregos

En concreto, o proxecto incluirá 128 contratacións laborais baixo a modalidade de contrato formativo nos
concellos de menos de 50.000 habitantes que se repartirán da seguinte maneira:

  • Os 12 concellos con ata 3.000 habitantes terán á súa disposición un contrato
  • os 25 concellos de 3.001 a 10.000 habitantes, un máximo de dous
  • e os 22 de 10.001 a 50.000 habitantes, poderán solicitar ata tres

En canto á contía máxima da achega que se concederá por cada contrato formativo, dependerá do nivel de estudio:

  • No caso dos postos que requiran licenciatura, grao ou diplomatura, o máximo mensual será de 1.400 euros, 16.800 euros anuais
  • Nos ciclos superiores de Formación Profesional, de 1.200€ ao mes e 14.400€ ao ano
  • Para os ciclos medios de Formación Profesional 1.000€ ao mes e 12.000 anuais.
  • En calquera caso, o salario non poderá ser inferior ao 70 % para o grupo profesional e nivel retributivo correspondente ao nivel de estudos e funcións desempeñadas.

Os concellos terán desde 10 días hábiles (ata o día 21de agosto) para presentar as súas solicitudes
a través do formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica. No Boletín Oficial da Provincia de
Pontevedra (BOPPO) poden consultarse as bases da convocatoria con todos os detalles, requisitos e a
documentación que é necesario achegar.

También te puede interesar