Comarcas

A oposición de Redondela critica con dureza a xestión da alcaldesa, Digna Rivas

Un ano despois do comezo deste mandato

A oposición de Redondela critica con dureza a xestión da alcaldesa, Digna Rivas

A oposición no Concello de Redondela -PP e BNG- súmanse ás críticas de AER, socio de goberno de Digna Rivas, e critican con dureza a súa xestión da alcaldesa no primeiro ano do actual mandato.

“Mentiras”

O ex alcalde e voceiro do Partido Popular, Javier Bas, cré que “é inaudito e lamentable escoitar á Agrupación de Electores de Redondela -AER- laiarse do incumprimento do pacto de goberno que asinou co PSOE para este mandato, porque hai que lembrarlle aos redondeláns que o primeiro incumprimento deste mandato, e que motivou que este período comezara cunha gran mentira, fixérono desde esta formación independente, xa que dixeron que nunca darían a Alcaldía a Digna Rivas, incluso se, como consecuencia, tiña que haber un goberno popular en minoría, así que xa sabemos o que vale a súa palabra: nada”.

Bas, reaccionou así á valoración de AER sobre o “triste balance” deste primeiro ano de mandato municipal, lamentando que o edil independente Roberto Villar, “e tamén na sombra o seu xefe, Cuni Orge, teñan a lei do embude” por queixarse de que os socialistas incumpran a maioría dos 35 puntos do seu acordo ou avancen con lentitude nalgúns poucos. “Este mandato arrancou de xeito nefasto pola súa
exclusiva responsabilidade, xa que faltaron á palabra dada aos veciños,
polo que simplemente están probando da súa propia medicina por parte dos socialistas”.

“Van a seguir incumprindo”

Nesta liña, Javier Bas adiantou a AER que “Digna Rivas e o seu equipo van seguir incumprindo co seu acordo durante os próximos tres anos e dígollo para que non se leven ningunha sorpresa”.

Ademais, tamén ironizou coas manifestacións de Villar nas que evidencia que as esixencias de AER non son unha prioridade para o PSOE, “son uns auténticos lumbreras por descubrir isto porque debían ser os únicos en Redondela que non sabían que a única prioridade de Digna Rivas era repetir como alcaldesa, non as propostas do seu partido”.

“Todo por un soldo”

Por último, o portavoz popular considera que Roberto Villar “tragou coa investidura de Digna Rivas no pacto de perdedores das eleccións a cambio dun soldo”, e afirma que si que comparte con AER a parte da súa análise centrada en que o mandato está a ser moi malo, co conseguinte prexuízo para os veciños“.

O motivo, subliña Javier Bas, é a “incapacidade do goberno local parte para acadar niveis de aforro e para emprender un só investimento con fondos propios” e “polo espírito de superación para converterse no concello da provincia co récord de axudas e achegas perdidas nos últimos 14 meses. Xa sabíamos que ía pasar isto e vímolo denunciando e lamentando durante todo este tempo”.

Desenténese das súas obrigas

Pola súa banda, dende o BNG asisten “con preocupación” a contratación, por parte do Goberno local, dunha empresa  para a limpeza viaria. Consideran que deste xeito  desenténdese das súas obrigas que a Lei lles outorga, cedendo ás empresas a xestión de servizos que debería realizarse directamente dende o Concello”.

Segundo expresan dende a formación nacionalista, o goberno de Digna Rivas toma iniciativas para valeirar de funcións e responsabilidades as  súas competenzas. Negan que a xestión a traverso de empresas privadas mellore os servizos e sexan máis rendíbeis económicamente“.

Privatización de servizos

Así mesmo, o voceiro nacionalista, Xoán Carlos González, expresa a súa preocupación polo aumento do gasto en privatización de servizos. A limpeza de camiños debe ser un servizo prestado directamente polo Concello”, afirma. “O cumplimento do prego do contrato non garante que a concesionaria realice un bo traballo” e alerta que vai ser moi complicado poder exixirllo á empresa. Ademáis advirte de que destínanse 900.000€ en dous anos para crear somentes 11 postos de traballo, durante seis meses.

Inxentes cantidades a varias empresas

O edil nacionalista amosa a súa estrañeza polo “discurso contradictorio” que emana do Goberno municipal, onde “por unha parte falan de falta de cartos e por outra conceden ás empresas inxentes cantidades do orzamento municipal para o seu negocio. Só na contratación da limpeza de camiños, de praias e socorristas o concello gasta 600.000€ anualmente”.

Para Xoán Carlos González, é alarmante a continua privatización de servizos públicos en Redondela “. Ademáis considera “ilóxico” que sustituiran á encargada de Vías e Obras para realizar seguemento da limpeza dos camiños municipais por un auxiliar administrativo. Por iso, empraza á alcaldesa Digna Rivas “a retomar as súas competenzas sen ter que acudir á contratación de empresas alleas aos intereses dos veciños e veciñas”

También te puede interesar