Cultura

A provincia de Pontevedra escenario da homenaxe a Montserrat Caballé e Luciano Pavarotti

Os días 20, 21 e 29 de agosto, coa presenza da neta de Pavarotti e da filla de Caballé

A provincia de Pontevedra, escenario da homenaxe a Montserrat Caballé e Luciano Pavarotti

A Deputación de Pontevedra colabora neste mes de agosto con OperaConcert para traer á provincia de Pontevedra o espectáculo lírico “Querida Montserrat, Querido Luciano”, unha homenaxe a estes dous artistas na que participan Montserrat Martí Caballé, filla da famosa soprano española, e Simona Todaro Pavarotti, neta do tenor italiano.

Datas

As citas terán lugar:

  • 20 de agosto, ás 20:00 horas no Mosteiro de Poio
  • o 21 de agosto, ás 21:00 horas na Praza da Concello do Porriño
  • e o 29 de agosto, na Igrexa de Santa María do Porto (Templo antigo) de Marín ás 21:00 horas

Deste xeito, “os espectáculos permitirán poñer en convivencia a música de ópera co patrimonio da provincia”, e todos eles son con entrada libre ata completar aforo.

Inédito

É a primeira vez na historia da música que se lle rende unha homenaxe a estes dous grandes cantantes, cuxas voces resoaron nos mellores teatros do mundo, desde Sídney ata Roma, desde París a Nova York.

No espectáculo que chega agora á provincia de Pontevedra tamén participan o barítono Luis Santana, a soprano lixeira María Dolores Crespo Abuín e o pianista Victor Carbajo. O mesmo abrangue un repertorio da canción e a ópera italiana, lembrando a Luciano Pavarotti, así como arias de ópera, canción española e zarzuela por Montserrat Caballé, con títulos como “O mío babbino caro”, “Ave María”, “’O Sole Mio” ou “Nessun Dorma”, entre outras.

También te puede interesar