Galicia

A ribeira de Caldelas acolle o IV Rocha Folk

Este venres 16 e sábado 17 de agosto

A ribeira de Caldelas acolle o IV Rocha Folk

A ribeira de Caldelas acollerá este venres 16 e sábado 17 de agosto o IV Rocha Folk organizado pola Asociación Cultural A Insua, dentro da súa Semana Cultural, e no que colabora o Concello de Tui. Este evento forma parte da programación “Tui, verán na rúa”. Serán dúas xornadas nas que a música e este espazo natural privilexiado á beira do Miño atraerán a centos de persoas.

Venres, 16

O programa do IV Rocha Folk, Festival Folk Internacional, ábrese este venres ás 21:00 h coa actuación das pandereiteiras “As Pituquiñas” da Asociación Cultural Santa Columba no exterior do Hotel Balneario.

Ás 22:00 h comezará o pasarrúas e actuación, xa na ribeira, da Banda de Gaitas Lembranzas da Terra de Guillarei, e a continuación estarán en concerto Os Melidaos que este ano foron galardoados do Premio Martín Codax na categoría de Música tradicional.

Sábado, 17

Abrirá a programación prevista a Banda de Gaitas Templarios del Oza de Toral de Merayo, do Bierzo, cun pasarrrúas e sesión vermú. Ás 19.30 h está previsto un pasarrúas da Agrupación de Bombos Amigos do Bombinho de Fontoura de Portugal.

Na Capela do Carmen, ás 20.30 h ofrecerá un concerto o dúo Pärbo formado por Begoña Riobó e Anxo Pintos. Ás 21.30 h haberá un pasarrúas da Agrupación de Bombos Amigos do Bombinho de Fontoura de Portugal con posterior concerto desta agrupación, da Banda de Gaitas Templarios del Oza e da Banda de Gaitas A Insua de Caldelas. Pechará o IV Rocha Folk o grupo Tanto nos Ten.

Deste xeito concluíran dúas xornadas nas que a música será a gran protagonista na ribeira da Caldelas, pero tamén no Hotel Balneario e na Capela do Carme.

También te puede interesar