Destacados Vigo al minuto

Dende o martes 20 de agosto, será gratis chamar ao teléfono 010 do Concello de Vigo

Ademáis contará cun servizo para perdoas xordas

ademáis contará cun servizo para perdoas xordas

Con algo de retraso…pero finalmente dende o martes, 20 de agosto, o teléfono de información municipal do Concello de Vigo, o 010 será de uso gratuito.

O Goberno adxudicou a contratación do servizo integral de telecomunicacións municipal, é dicir, os servizos de telefonía a internet a unha UTE de Telefónica por medio dun contrato que conta cun orzamento de 2,9 millóns e un prazo de 4 anos cunha posible prórroga dun ano.

Según o alcalde, esta concesión permitirá que os veciños deixarán de pagar 77.000€ ao ano no seu recibo telefónico por estas chamadas– das que pasarán a facerse cargo as arcas municipais- que “suporá unha mellora importantísma na relación entre o Concello e a cidadanía”.

Atención a persoas xordas

Así mesmo, o 010 incorpora un servizo de vídeo interpretación en lingua de signos que permitirá as persoas xordas contactar co Concello. Farano por medio dunha plataforma online denominada SVisual na que disporán dun intérprete en Lingua de Signos Española (LSE) en remoto para traducir a conversación entre ambas partes, persoas xorda e persoal do 010.

O acceso á plataforma poderá realizarse online desde a web do Concello e tamén a través dun dispositivo nas dependencias do 010. A interpretación en LSE realizarana profesionais da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia.

También te puede interesar