Comarcas

Este sábado, en Nigrán baixa polo ‘megatobogán’ acuático de 65 metros

E o domingo podes asistir á representación de #2 Pilgrims

e o domingo podes asistir á representación de #2 Pilgrims

O Concello de Nigrán ofrece este sábado, 17 de agosto, unha das súas actividades estrelas deste mes para o público infantil e xuvenil: un megatobogán acuático de 65 metros de longo que discorrerá ao longo da rúa Damas Apostólicas (A Ramallosa) aproveitando a pendente desta estrada.

A estrutura funcionará, de xeito totalmente gratuíto, de 12:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas, estando indicada para rapazada a partir dos 6 anos de idade.

Os participantes tan só deben acudir en bañador e recibirán un flotador por parte da organización para deslizarse sobre el durante todo o percorrido.

‘#2Pligrims’

Doutra banda, tamén en Nigrán, pero o domingo 18 de agosto ás 20:00 horas no Auditorio Municipal, representación da obra ‘#2 Pilgrims’ da compañía Redrum Teatro.

A entrada para esta representación que chega ao municipio da man do programa “O teu Xacobeo” é de balde ata completar o aforo. A obra está enfocada ao público adolescente co fin de concienciar, educar en igualdade e inculcar valores que preveñan a violencia de xénero. Así, neste espectáculo viáxase a través da auto-ficción polo Camiño de Santiago tocando temas como o feminismo, as novas masculinidades ou a importancia actual das redes sociais.

Lembrades a Sheyla Fariña e a Guillermo Carbajo? Probablemente non. Pero nalgún momento das súas vidas foron persoas recoñecidas polos seus traballos na televisión. Ela protagonizou a serie Acacias 38, e el foi o neno de Pratos Combinados. Agora as súas carreiras están acabadas. Vivimos nun mundo caótico e imprevisible pero grazas a globalización, ás redes sociais, a Netflix e a un ditador psicópata, quizáis lles quede unha última oportunidade que retornar a ese firmamento de estrelas da TVG.

También te puede interesar