Este xoves, 15 de agosto, regresan as representacións históricas á vila romana de Toralla coas que o público poderá achegarse (da man de figurantes ataviados de época), aos costumes e tradicións dos séculos IV e V despois de Cristo, a época do xacemento arqueolóxico.
As recreacións do momento de ocupación da vila romana amosan á cidadanía da época de diferentes clases sociais e escenificando diferentes ambientacións: a celebración dunha voda, a elaboración de perfumes e adornos florais, bailes, traballos, venda de escravos e a estrela da exhibición que é a loita de gladiadores.
Entrada gratuíta ata completar aforo. 20:00h.