Deportes

A Guarda despedirá agosto cunha baixada de carrilanas

Mira cando e como podes inscribirte para participar

A Guarda despedirá agosto cunha baixada de carrilanas

As Festas das Mercedes da Gándara arrancan por sétimo ano coa baixada de carrilanas desde a praza Avelino Vicente ata o Porto. Esta edición celebrarase o sábado 31 de agosto ás 18:00 horas da tarde.

Lembra que as inscricións estarán abertas ata o día 28 de agosto e consistirá en abonar 10€ en rifas. Tres días máis tarde, estes particulares vehículos tomarán as rúas da Guarda, proporcionando moi bos momentos e risas entre espectadores e participantes.

Requisitos dos ‘bólidos’

Todos os vehículos deberán cumprir uns requisitos mínimos: 4 rodas e freo, 2 participantes con casco e unhas dimensións de máximo 160x240cm. Para máis información, os números de teléfono son: 661 281 254, o 649 887 379 e o 647 607 456.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.