Galicia

O albergue de Vigo xa recibiu a máis de 7.000 camiñantes

Ata hoxe retiraron a súa compostela 46.690 peregrinos que elixiron a ruta que pasa pola nosa cidade

O albergue de Vigo xa recibiu a máis de 7.000 camiñantes

A afluencia ao Camiño Portugués da Costa como ao albergue de Vigo están a punto de superar en este 2024 as cifras de todo o pasado ano.

Así, ata este este 20 de agosto xa retiraron a súa compostela 46.690 peregrinos que se decantaron pola ruta que pasa por Vigo. Isto supón un incremento do 46% respecto a 2023, cando a cifra chegou a un total anual de 52.754 persoas.

No que se refire ao albergue vigués, ata este luns pasaron polas súas instalacións 7.129 peregrinos, polo que todo apunta a que este ano superará os preto de 11.000 que se aloxaron en 2023. A ocupación do mes de agosto foi de 1.217 persoas, e a gran maioría dos días rozando o cheo. En xullo foron 1.668 os hospedados e en xuño 1.249. 

Albergue

O edificio do albergue conta con 6 plantas nunhas instalacións accesibles para dar resposta á demanda de aloxamento. A infraestrutura ten capacidade para unhas 90 persoas en 7 habitacións e dispón tamén de cociña, comedor, zona de ocio e aseos.

También te puede interesar